martes, 20 de decembro de 2011

Roteiro polas Bibes de Ferrolterra (VI) - CEIP Os Casais

Este ano rematamos as reunións que os coordinadores das bibliotecas do grupo Plambe-Ferrolterra vimos realizando durante o ano 2011 visitando as distintas bibliotecas escolares da comarca, na Biblioteca do CEIP Os Casais de Limodre, en Fene, a biblioteca "Paula Carballeira"

Unha fermosa biblioteca chea de vida na que peques e menos peques achéganse ao marabilloso mundo da lectura e a información da man da extraordinaria Mica Bigotes, a artífice de que o mundo da ilusión e dos soños, ese mundo da maxia que se agocha nos libros esté presente neste fantástico espazo de luz e cor.

E nesta biblio ten especial celebramos a nosa última reunión do ano. Una reunión onde o eixo principal xirou en torno ao noso proxecto común "Coñecernos para querernos" e ao Bubisher.

Organizamos formatos, tempos, pensamos en distintas actividades a desenvolver para conseguir materiais e fondos para quen tanto o está a necesitar... e todo acompañado por un bo café e unhas lambonadas que a Mica se encargou de ter preparadas para a ocasión.

Unha tarde que sempre da moitísimo de sí e que tod@s @s que alí nos reunimos, nesta ocasión estivemos presentes máis de 20 bibliotecas escolares da bisbarra, disfrutamos moitísimo.

Ata a próxima benquerid@s Plambeir@s, que será xa no ano que está a piques de comezar para o que desexamos que os nosos gobernantes comecen a pensar no ensino como inversión, non como gasto, e que descubran a maxia dese lugar especial, que existe en todos os centros públicos do noso país, chamado "Biblioteca Escolar"

Ningún comentario:

Related Posts with Thumbnails