venres, 20 de novembro de 2009

20 Aniversario da Convención dos Dereitos d@s Nen@s

Hoxe, 20 de novembro, celébrase o 20 aniversario da Convención do Dereitos dos Nenos e Nenas.

Esta Convención é un tratado das Nacións Unidas que recolle en 54 artigos todos os dereitos -civís, culturais, económicos, políticos e sociais- dos menores de 18 anos.

Os gobernos, aceptando os principios desta Convención, comprométense a protexer os dereitos de nenos, nenas e xoves.

Pero hoxe, 20 anos despois desa Convención, os datos dinnos que eses dereitos non están a ser respectados:
  • 126 millóns de nenos e nenas están a ser explotados laboralmente no mundo.
  • 250.000 nenos e nenas reclutados para as guerras en distintos países do mundo.
  • 1 de cada 12 nenos morre antes dos 5 anos.
Que están a facer os gobernos para que estes dereitos sexan respectados e protexidos?

Que estamos a facer nós para que isto sexa así?



Para ver, ler e saber máis...
Os Dereitos d@s Nen@s
Educared

A Convención
Unicef

Lecturas
O Meu Libro dos Dereitos
Mafalda Reivindica Os Dereitos dos Nenos

El País Semanal - Reportaxe
"Nuestro Pequeño Mundo"

Imaxes
Fotogalería El País
The Rights of the Child - Unicef (1)
The Rights of the Child - Unicef (2)

Xogos
Unicef

2 comentarios:

Ana dixo...

Moi bos enlaces. Grazas por compartilos connosco.

Loly dixo...

Esa é a filosofía, non si? Colaborar, compartir, achegar... Da que vós tamén sodes especialistas.
Apertas dende Fene

Related Posts with Thumbnails