venres, 22 de maio de 2009

Os Nosos Venres Musicais (XLVII)

Esta semana non queremos deixar pasar a oportunidade de traer aos nosos venres musicais a Beyoncé, a estrela que "toleou" e "puxo patas arriba" - segundo os medios- ao público que asistiu ao seu concerto "I am... Sasha Fierce" no Palacio de Deportes de Madrid e o Palau Sant Jordi de Barcelona.

E para os que non puideron disfrutar da música de Beyoncé e da súa banda "composta exclusicamente por mulleres", velaí vos deixamos algúns dos seus éxitos. Que os disfrutedes!!

2 comentarios:

Cristina dixo...

Beyoncé é unha das miñas artistas favoritas porque , aparte de facer boa música, defende moito a posición das mulleres nesta xungla social de hoxe en día. Sempre está a reclamar respeto para as mulleres e este respeto pídello tanto ós homes coma ás mulleres porque moitas veces somos nosoutras mesmas as que non nos valoramos.
Longa vida á Sasha Fierce.

Loly dixo...

Unha muller que dende a súa posición non deixa de reivindicar aquelo que cre xusto. Algo que moitas veces se bota en falta...
Grazas Cristina.

Related Posts with Thumbnails