sábado, 28 de marzo de 2009

A Hora do Planeta

Sei o que estás pensando: que isto da Hora do Planeta é unha iniciativa moi interesante e que hai que ser solidarios e xente concienciada.

Vale. Pero a ver se es capaz de pasar unha hora sen consumir electricidade. Non o farás. Así que a próxima vez que lle botes a culpa aos americanos, ás multinacionais ou ao mundo no que vivimos, cala a boca.

Contaminamos porque coma ti hai millóns e moitos millóns máis que queren vivir igual. Encima o planeta non da para tantos. Por iso estamos metidos nun lío. Explícome?

Polo tanto, apaga o ordenador, move as cachas e vai dar un paseo que che sobran quilos.

A ver se nos entendemos. Voucho repetir en plan cine clásico.

3 comentarios:

Antonio Martínez dixo...

Carai con voso sentido do humor...

Anónimo dixo...

Ala que brutos...!!! si é así eu tamén vou dar un paseo e si me apuras vai durar máis dunha hora, dúas ou as que faga falla... ¡será por tempo...!

Loly dixo...

Meu Deus, vaia coas dotes de persuasión!!
Seique a sutileza non é unha das cualidades do autor desta entrada, non si?
Vale, agora que o tempo disque nos vai acompañar, sairemos a dar un bo paseo, que falta nos fai... pero non por cuestións de kilos, que conste, senón por problemas nas costas -demasiado tempo ante esta "querida" pantaia!!!!

Related Posts with Thumbnails