domingo, 16 de setembro de 2007

A nosa nova Biblioteca!!


Despois de dous anos de PLAMBE, moitísimo traballo e algún que outro quebradeiro de cabeza, presentámosvos a nosa nova biblioteca. Grazas a todas e todos os que coa vosa axuda, o voso ánimo e o voso exemplo constantes fixéchedes posible que o noso soño sexa hoxe unha realidade. Pero o mellor aínda está por chegar, o comezo do curso, a chegada do noso alumnado e con eles o inicio desta nova andaina na que temos postas moitas ilusións. Esperamos seguir contando con todas e todos vós, coma sempre. Sodes moit@s, grazas por estares sempre aí.

8 comentarios:

Antonio Alonso dixo...

Enhorabuena a Loly y cía. tenéis una biblioteca que es un ejemplo para todos nosotros.

O Segrel do Penedo dixo...

Grazas Antonio, vós si que sodes o mellor exemplo a seguir. Vós sodes o mascarón de proa das Bibliotecas Escolares Galegas.
Unha aperta!!

Ronsel dixo...

Que pasada! Noraboa! Aí si que dan ganas de... ler! Algún día preséntome aí para vela "in situ". Bicos

O Segrel do Penedo dixo...

Que é iso de "algún día"? Pon a data e estaremos encantadísimos de recibirte, bueno de recibirvos pois imaxino que virás co teu Anxo...
Bicos

Anónimo dixo...

Nótase a túa man, Loly nesa biblioteca, fai días que non miraba os blogs e atópome con todas estas marabillosas sorpresas.
Eu tamén me apunto ó clube de lectura e reservame unha desas cadeiras azuis que teñen unha pinta bárbara.
FELICIDADES
MARINA

O Segrel do Penedo dixo...

Gracias Marina e dígoche o mesmo que ao ronsel, pon a data e estaremos encantados de organizar unha sesión dese "club de lectura"
Unha aperta!!

olga dixo...

¡Cousa bonita! Noraboa. Unha vez màis faise certo que... el que resiste gana.
Moita saùde e moitos libros para disfrutala.
olga

O Segrel do Penedo dixo...

En cantas ocasións me ven á cabeza esa frase, que para min, Olga, sempre será túa ...!!
Bicos

Related Posts with Thumbnails