luns, 12 de febreiro de 2024

Quen dis que es?

Chegou o Entroido ao IES de Fene e desde a biblioteca preparamos un concurso para pasalo aínda mellor se é posible. O venres 9 estaban previstas varias actividades con motivo do venres de Entroido, entre elas un concurso de disfraces e comparsas onde había unha actuación estelar, a comparsa de personaxes emblemáticos da literatura formada por profesorado do centro. Pois ben, o concurso organizado desde a biblioteca consistiu en tratar de adiviñar de que ían disfrazados os profesores e profesoras e aquel que conseguira adiviñar e completar o libro con máis personaxes sería o gañador. Resultou campión o alumno de 2º de bacharelato Daniel Portomeñe que foi quen de adiviñar as 18 personaxes que compoñían a comparsa. 

Noraboa!!!



mércores, 20 de decembro de 2023

Recomendacións Nadal 2023

 Desde O Segrel do Penedo desexámosvos un nadal cheo de lecturas.



xoves, 14 de decembro de 2023

Novembro, mes da ciencia no Segrel

Durante estes días temos na biblioteca unha exposición de biografías de cienctíficas e científicos galegos resultado dun traballo de colaboración entre o departamento de matemáticas e  o EDLG. Os traballos foron realizado polo alumnado de 3º e 4º da ESO durante o mes de novembro co motivo da celebración do mes da ciencia en galego.


 

luns, 27 de novembro de 2023

Conmemoración do 25 N

Este sábado 25 de novembro conmemorouse o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. No Segrel adiantamos as actividades para o venres 24. Nesta ocasión o alumnado da ESO, tomando como referencia o alcume de Mariposas, como se coñecía ás irmás Mirabal, elaboraron bolboretas de papel e nelas escribiron mensaxes en contra da violencia sobre as mulleres que xa ten causado moitas vítimas no que vai de ano. Con todas estas bolboretas e a colaboración de Antía Riveiro, alumna de 3º ESO, elaboraron un mural que colocamos no hall de saída ás pistas polideportivas.

Por outra banda, no segundo recreo reunímonos alumnado e profesorado de todo o centro para ler poemas e amosar o noso rexeitamento contra esta lacra.


Podedes ver o álbum completo na ligazón



martes, 7 de novembro de 2023

Feliz aniversario Sra Curie

Hoxe, 7 de novembro, conmemórase o nacemento dunha das pioneiras na ciencia, Marie Curie. Foi a primeira muller en recibir o Premio Nobel e a única galardoada con dous. O primeiro recoñecemento foi o Premio Nobel de Física en 1903 xunto a Henri Becquerel e Pierre Curie, o seu home, e o segundo, xa en solitario, foi o Nobel de Química en 1911. Foi ademais a primeira muller profesora na Universidade de París, toda unha pioneira.

Mes de novembro, mes da ciencia no Segrel.


No seguinte enlace podedes acceder ao trailer da película Madame Curie omde se narra a súa vida


mércores, 1 de novembro de 2023

Unha noite na biblioteca

A noite do 27 de outubro o alumnado de 2º da ESO quedou a durmir na biblioteca do centro, O Segrel do Penedo. Pasámolo estupendamente pintando cabazas e monstros, desfilando nun concurso de disfraces e ata xogamos a verdade ou reto, xogo no que a rapazada mostrou unha grande valentía desenvolvendo os retos máis tenebrosos que poidades imaxinar. Despois de cear e xa máis entrada a madrugada contamos lendas e historias de medo e vimos unha película espeluznante.

Unha noite inesquecible. 


Fai click aquí para ver o álbum completo



mércores, 4 de outubro de 2023

Cartel e Lema das Bibliotecas Escolares 2023 - 2024

Unha Biblioteca Escolar en Viñetas

"Agora a cousa cambiou bastante, pero eu recordo nos meus anos mozos, cando ía á escola, que os libros de texto para os nenos eran unha cousa espantosa, gris, cheos de letras e letras, e sempre pensei que os nenos aprenderían máis, non xa cos meus cómics, senón con calquera dos da miña época.

Eu véxoo cos meus netos: agora os libros dos críos teñen outra vez moitos debuxiños e tal, pero seguen sendo textos para ensinar. E eu creo que lendo simplemente as historietas, os nenos aprenderían moitísimo máis. Non tan só a ler ou a escribir, senón o que é a historia dun país, o que foi ocorrendo".

Francisco Ibañez, entrevista en Jot Down no ano 2017.

Como dicía Francisco Ibáñez na entrevista, a banda deseñada é un xeito diferente e marabilloso de aprender.

Pásate polo Segrel e visita a nosa sección de banda deseñada.



luns, 11 de setembro de 2023

Comezamos!!

Xa estamos en marcha!!!! A nosa Biblioteca volve coma sempre, como o mellor lugar para ler, traballar, estudar ou tomarse un respiriño…UFFFF!!, participar nas nosas actividades, apuntarse o clube de lectura, formar parte do grupo de biblioteca…e non esquenzades a sección de xogos. Xa vedes, unha chea de cousas coñecidas e moitas novidades!!!

Pásate e descubre!!!

AVENTÚRATE!!!!


venres, 26 de maio de 2023

PROPOSTAS LECTURA VERÁN

Estas son as propostas de lectura para este verán feitas polas nosas alumnas voluntarias e algúns alumnos moi lectores:



martes, 16 de maio de 2023

17 de MAIO

Na biblioteca "O Segrel do Penedo"  celebramos o día das letras galegas co "Regalízate" (os rapaces debuxan a súa palabra favorita en galego de forma artística) e cunha pequeña exposición de libros de Francisco Fernández del Riego.





martes, 18 de abril de 2023

ABRIL:MES DOS LIBROS

«Unha habitación sen libros é como un corpo sen alma», Marco Tulio Cicerón

«O que le moito e anda moito ve moito e sabe moito» Miguel de Cervantes

martes, 21 de marzo de 2023

21 de marzo: Día da Poesía

OS VENRES POÉTICOS

A razón desta actividade foi a de animar aos rapaces a ler poesía e ao fomento da lectura en xeral.

Mónica Porto, profesora de Lingua Castelá, foi a facedora e organizadora. E foi realmente un éxito.

Cada venres colgaba no tendal unha poesía e deixaba copias na biblioteca para os rapaces. Xunto coa poesía escollida, poñía unha breve biografía do autor/a.

Mónica escollía as poesías pero as máis das veces eran escollidas xunto cos seus alumnos/as. Hai  poesías en castelá, galego e inglés. O/as autor/as escollidos percorren varios séculos, dende o Século de Ouro ata o presente e os temas van dende as temáticas sociais ata as amorosas pasando polas cómicas. Así puidemos ler poemas de Nicanor Parra, Rainer María Rilke, Luisa Castro, BegoñaM. Rueda, Concha Méndez, Lope de Vega, José Emilio Pacheco, Emily Dickinson, Déborah Vukusic, Francisco de Quevedo, Gabriel Celaya, Rosalía de Castro e Beatriz Gimeno Reinoso.





Esta actividade foi o detonante para propoñer aos rapaces para que escriban as súas propias poesías e así organizamos o I concurso de Poesía O segrel do Penedo e os gañadores deste I concurso de Poesía foron Joel de 2º de BACH e Sara de 4º ESO.



E estas son as poesías gañadoras:

Recuerdos del trovador:

Pido perdón en nombre de mi vulgar idioma;

por no tener palabras que definan tu porte,

y en nombre de la marea roja aquí presente,

por pretender imitar el hedor de tal dama.

 

Siento haber consagrado cada rincón del alma

a perseguir entre tormentas ausente norte,

donde tenaz viento con intensidad advierte

que en esos mares Sejmet un desierto reclama.

 

Miro arrepentido aquellos requiebros ahora,

el sencillo sonar de guitarras me amilana,

son reminiscencias de estúpida ave cantora.

 

No reclames ya muerto el desdén piedad alguna:

cuando un roto corazón solitario llora,

roja gardenia se marchitó al fin cruel ventana.

 

¿Dónde te hallas rondador?

¿Ha muerto ya el ansia por el desvelo?

Se esfumó de ti el amor,

como el alba tiende rosáceo velo.

 

Fue la noche ignorancia,

que hizo tus dulces notas despertar.

Fue la pasión fragancia,

iniciadora de un fúnebre cantar.

 

Qué es el querer sino hipocresía,

que con loca e infantil algarabía

fuerza a ser de falso ideal arrullador.

 

Yoel Sanjuán Domínguez (2º BACH)

 

¡Pirata!

 

Tartamudeo

al escuchar tu voz

que suena como un ronroneo,

cuando solo estamos los dos.

Y ese sentimiento…

me aterra todo el cuerpo,

con mi frialdad y tu melosidad,

algún día me matarás.

Por qué ahora, a tus pies,

susurrar tu nombre es una sonata

¿de Beethoven? ¿de Vivaldi?

¡No me des tanto la lata!

Pirata, pirata ¡Pirata!

De ti me enamoré,

como de la música

el arte, la mitología y las tartas.

El motivo, tu cariño, que me encanta.

Y junto a esta carta

mi corazón canta lo que no tarda.

No me acomodaré en tus labios o sonrisa,

ya que lo nuestro no es una simple brisa.

No, lo nuestro será siempre,

la historia de un amor potente.

 

Sara V. Briceño Parra (4º ESO)


NORABOA!!!!!!!!! 



venres, 10 de marzo de 2023

TRABALLANDO PRENSA NA BIBLIOTECA

Cada vez menos a rapazada le prensa. Cos alumnos de 1º ESO estivemos traballando a prensa na biblioteca durante varias sesións.

Expicámoslles a diferenza entre opinión e feito. A importancia de acudir a fontes fiables para contrastar unha nova. Leron novas nas diferentes seccións do periódico. E presentaron unha das novas do periódico respondendo as preguntas de que?, quen?, onde?, cando? e por que? 




8 de Marzo. Charla de Susana Ladra

Para conmemora o 8M,  Susana Ladra doutora en Informática e profesora na UDC deu unha charla ante alumnos de 8 IES da contorna no Pazo de Narón. 

Falou aos rapaces sobre a pegada dixital en Internet, do que saben de nós e do uso que lle dan. Explicoulles o que era o Big Data, deulles algunhas recomendacións para non deixar tanta pegada dixital e animounos a facer o grao de Ciencia de Datos, un grao con moito futuro.

A ponente foi presentada por Alba Rocha, alumna de 2º BACH deste IES. 




xoves, 2 de marzo de 2023

I CONCURSO POESÍA “O SEGREL DO PENEDO”

Co obxecto de fomentar a creación literaria entre os nosos alumn@s convocamos o 1eiro concurso de poesía “O Segrel do Penedo” con as seguintes bases:
 
BASES: 

Participantes: todo o alumnado do centro 

Día límite da entrega: 16 de marzo, xoves

Entregar a: Mónica ou Violeta 

Tema: libre, e o poema terá como máxima extensión 25 versos. 

Lingua: castelá ou galega 

Formato: en un folio, e cos datos do autor/a: nome, apelidos e o curso 

Categorías: ESO, BACHARELATO e CICLOS/FPB 

Xurado: un/ha profesor/a do dpt. de galego, outro/a do dpt. de castelá, unha persoa do equipo da biblioteca e unha do persoal non docente. 

Gañadores: haberá un gañador/a por categoría e un pequeno agasallo para o 2º premio. 

O fallo do xurado será inapelable e poderá declarar o premio deserto. 

Publicación: Os poemas gañadores serán publicados no blog da biblioteca. 

Entrega dos premios: O martes 21 (día da poesía) no 1eiro recreo na biblioteca

 - A participación neste concurso implica a aceptación das bases

 (Organiza a biblioteca e colabora o dpt. de lingua castelá e galega)
 
ANIMÁDEVOSSSSS!!

xoves, 23 de febreiro de 2023

23 febreiro, aniversario de Rosalía de Castro

Fixemos cos ESO unha escolma dos libros de Rosalía que temos na biblio, leron os seus poemas, falaron da súa vida e pintaron unhas fermosas caricaturas da poeta.




xoves, 16 de febreiro de 2023

11 FEBREIRO. Día internacional da muller e nena na ciencia

Hoxe estivemos a falar do papel das nenas e mulleres no eido da ciencia cos rapces de 1º ESO.

Fixeron unha escolla de libros onde falaban de científicas; en parellas leron sobre unha delas e despois contáronlle aos compañeiros sobre a científica da que acaban de ler.







mércores, 8 de febreiro de 2023

FEBREIRO NEGRO

 A profesora de Lingua Castelá Mónica Mouriz Porto montou esta exposición de novelas e películas de misterio e crimes tanto en galego coma en castelá. Coa axuda dos seus alumnos argallaron a presentación e escolleron o material. 

Poden atopar dende os clásicos Agatha Christie, Patricia Highsmith, Raymond Chandler, Edgar Allan Poe, G.H. Chesterton e Arthur Conan Doyle ata os máis modernos Paula Hawkins, Pedro Feijoo, Domingo Villar, Elena Gallego, Manel Loureiro, Lorenzo Silva, Stieg Larson etc.

Está tendo moito éxito entre a rapazada. Ler novelas de misterio é sempre unha boa forma de atraer lectores. 


martes, 20 de decembro de 2022

PROPOSTAS NADAL

 Coa axuda d@s alumn@s de ESO e algúns profes fixemos unha escolma de libros que lles gustaban e estes son os escollidos. Hai variedade de temas e formatos. Esperemos que vos gusten!


 

venres, 2 de decembro de 2022

OS RECREOS LITERARIOS

 OS VENRES POÉTICOS, coa colaboración indispensable da compañeira Mónica, profesora

de Lingua Castelá. Hoxe tocou Concha Méndez y la generación del 27.


Quisiera tener varias sonrisas

Quisiera tener varias sonrisas de recambio
y un vasto repertorio de modos de expresarme.
O bien con la palabra, o bien con la manera,
buscar el hábil gesto que pudiera escudarme…
 
Y al igual que en el gesto buscar en la mentira
diferentes disfraces, bien vestir el engaño;
y poder, sin conciencia, ir haciendo a las gentes,
con sutil maniobra, la caricia del daño.
 
Yo quisiera ¡y no puedo! ser como son los otros,
los que pueblan el mundo y se llaman humanos:
siempre el beso en el labio, ocultando los hechos
y al final… el lavarse tan tranquilos las manos.
pasádevos!

venres, 25 de novembro de 2022

OS RECREOS LITERAROS

 OS VENRES POÉTICOS, coa colaboración indispensable da compañeira Mónica, profesora de Lingua Castelá.

Hoxe tocou Begoña M. Rueda, poeta elexida polos alumnos de 3º ESO C.


Stop Wars

Mi abuela Matilde

no sabe lo que es un platillo volante.

Ella sólo sale para ir a misa,

me dice que le parece bonita

la música de Star Wars.


Mi abuela opina que Darth Vader es siniestro,

no se entera de lo de su hijo,

le dice a mi madre que necesito espabilar.

Mi abuela se ríe de George Lucas.

No necesita ir al cine para recordar

una guerra entre dos mundos.

                                                                          pasádevos!

25 N

Traballando cos rapaces de 1º ESO a loita pola erradicación da violencia en contra das mulleres. A orixe desta data. A historia das irmás Mirabal. Explicando a diferenza entre machismo e feminismo. Lemos un manisfesto cos nomes das mulles asesinadas este ano. Silencio e respeto. Seguimos a loita por concienciar aos nosos alumnos na igualdade.

Related Posts with Thumbnails