xoves, 1 de xaneiro de 2009
Feliz 2009 !!
mércores, 31 de decembro de 2008
"IF" By Ruyard Kipling
Un fermoso poema que invita á reflexión.
FELIZ 2009 !!!
martes, 30 de decembro de 2008
O Noso 2008 en Imaxes !!!
Que non foi pouco... O que deron de si estes meses!!
Deixámosvos algunhas imaxes do que supuxo para nós este ano.
Un ano no que aprendemos moitísimo e no que somos conscientes de todo o que nos queda por aprender.
Un ano no que fixemos novas amizades e no que os amigos de sempre non deixaron de estar aí.
Un ano que tanto temos que agradecer a tantos amigos e compañeiros que fixeron que a nosa andaina fora sempre moito máis doada e estivera chea de ledicia.
Grazas a todas e todos por axudar a que este, o noso traballo, continue a ser unha das nosas paixóns!!
O 2008 en Imaxes !!
Un ano que deberíamos lembrar aínda que nada máis fose para non volver a cometer as mesmas atrocidades que están a acontecer polo mundo.
POR UN MUNDO MELLOR !!
O 2008 en Imaxes 1ª Parte
O 2008 en Imaxes 2ª Parte
O 2008 en Imaxes 3ª Parte
Ver tamén selección de:
Reuters
luns, 29 de decembro de 2008
Publicidade
venres, 26 de decembro de 2008
Os Nosos Venres Musicais (XXVIII)
mércores, 24 de decembro de 2008
Mochilas Viaxeiras en Ruta !!
As nosas Mochilas Viaxeiras emprenderon a súa primeira viaxe neste curso.
Unha viaxe cara a portos onde desexamos as familias atopen ese tempo propicio para as lecturas compartidas, as conversas, as risas... Ese tempo, ás veces tan escaso, pero que non debemos deixar escapar.
martes, 23 de decembro de 2008
luns, 22 de decembro de 2008
Os Nosos Mellores Desexos !!
sábado, 20 de decembro de 2008
Aviso
venres, 19 de decembro de 2008
Os Nosos Venres Musicais (XXVII)
Nas vindeiras semanas celebrarase o 50 aniversario da fundación da compañía de discos Motow. Segundo a Wikipedia Motown Records, tamén coñecida como Tamla-Motown, é una discográfica estadounidense especialmente dedicada á música negra. Orixinalmente fundouse en Detroit (coñecida como «Motor City», a cidade do motor, de aí “Mot”, raíz de motor, e “town”, que significa pobo/cidade), e desde entón xogou un papel fundamental na difusión da música popular estadounidense, tendo repercusión na maioría dos estilos actuais. Foi creada o 12 de xaneiro de 1959 por Berry Gordy, baixo o nome de Tamla Records, momento a partir do cal a súa difusión foi tal que abarcou a 45 selos musicais distintos. A década dos sesenta supuxo o cénit da discográfica, chegando a conseguir o seu propio son “Motown Sound”, que a distinguiría do resto e faríaa xa que logo única.
Pois ben, para celebrar os 50 anos da fundación celebrouse un concurso público para escoller a mellor canción da discográfica, resultando gañadora a coñecida “My girl” de The Temptations.
The Temptations (Detroit,1961), grupo de música soul, rhythm and blues e pop, aínda que se achegaron igualmente a distintas fusións de estilos musicais e ao funk con certa carga política. Foi o máis importante grupo vocal masculino dos anos sesenta. En 1965 presentaron a que sería a súa canción máis coñecida, "My Girl", un número un do pop.
Agradecemos ao blogue amigo Iniciarte esta entrada que elaborou pensando nos nosos Venres Musicais.
E eu me pregunto, alguén ten seguidores tan fantásticos?
Isto é o que ten a AMIZADE !!!
mércores, 17 de decembro de 2008
Os Clubs de Lectura de "O Segrel"
En ámbolos dous fixemos a nosa selección de títulos na primeira reunión, pero no de pais e nais, a triloxía de Larsson fíxonos modificar esa primera elección. Gustounos tanto "Los hombres que no amaban a las mujeres" que non dubidamos en elixir a segunda parte "La chica que soñaba con una cerilla y un bidón de gasolina" como lectura para este Nadal.
Cos rapaces xa lemos "El asesinato de la profesora de lengua" e "A noite d'O Risón", para a volta de Nadal o libro elixido foi "Cazaría Salvaxe"
Como novidade, este curso decidimos que en cada sesión do club, un de nós faría a súa proposta de lectura ao resto. Sería a proposta desa lectura que máis nos gustou e que o resto do grupo non debería perderse. Temos que dicir que está a ser todo un éxito.
Na primeira sesión dos rapaces, Xano trouxo un libro de lendas da zona de Ferrolterra "De Lenda en Lenda" e tras a primeira lenda seguiu a segunda, a terceira e ata a cuarta. Encantoulles este libro, tanto foi así que na segunda sesión do club, Laura trouxo o seu exemplar, tamén o tiña na casa, e limos algunhas lendas máis.
No club de pais e nais a primeira lectura fíxoa Maribel que nos leeu un fermoso poema, pero quen nos emocionou de verdade foi Mariola, a nosa poetisa.
Mariola naceu nunha pequena aldea e aos sete anos trouxéronna para Fene, ou como ela di, "arrincáronme do carón dos meus avós", e desa terrible experiencia ela escribiu un fermosísimo poema. A súa sentida lectura fíxonos chorar, e pedímoslle que seguira lendo, e o seu segundo poema falaba de violencia, da violencia de xénero.
Mariola, é un verdadeiro pracer escoitarte ler os teus fermosos poemas.
Canto disfrutamos destas lecturas compartidas!!
Antón Castro e a Tradición Oral
Antón, mestre de Audición Musical e un dos membros do histórico Fuxan os Ventos, onde mesmo canta que toca a gaita, a flauta, a zanfona... home preocupado pola recuperación das nosas tradicións e a nosa cultura, pero sobre todo moi implicado na súa conservación e transmisión desenvolveu dous obradoiros, un con alumnado de 1º e 2º de ESO, e outro con profesorado e alumnado de adultos.
Foi unha tarde na que non só falamos e aprendemos moito sobre oralidade, senón que tamén rimos e disfrutamos moitísimo co humor e o bo facer deste grandísimo artista.
Pero se queredes ver parte do que aconteceu na biblioteca de "O Segrel", acomodádevos ven, entrade en Radio Barullo e preparádevos a pasar un rato onde a risa será a principal protagonista.
martes, 16 de decembro de 2008
domingo, 14 de decembro de 2008
Suxestións de Lectura para o Nadal
E para acompañar estas suxestións deixovos este fermoso corto "A Cidade dos Libros" que coñecimos vía BlogFesquio un dos nosos blogues amigos.
sábado, 13 de decembro de 2008
60 Anos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos
E despois de 60 anos de Dereitos Humanos...
- 1 de cada 3 xoves está a favor da pena de morte !
- Según a FAO, 963 millóns de persoas pasan fame no mundo !
- Cada segundo, 5 nenas están a ser mutiladas no mundo !
- 300 millóns de nenos están a ser explotados no mundo !
- A prostitución é a terceira industria ilegal no mundo !
- Arredor de 300.000 nenos están a ser reclutados nos distintos conflitos armados no mundo !
- En distintos países de Asia, África e Oriente Medio, as mulleres acusadas de adulterio están a sofrir a lapidación !
- As mulleres e os nenos son as principais vítimas da violación dos DDHH !
venres, 12 de decembro de 2008
Dereitos Humanos (VII)
xoves, 11 de decembro de 2008
Dereitos Humanos (VI)
mércores, 10 de decembro de 2008
Dereitos Humanos (V)
martes, 9 de decembro de 2008
Dereitos Humanos (IV)
luns, 8 de decembro de 2008
Dereitos Humanos (III)
11. ES INOCENTE MENTRES NON SE DEMOSTRE O CONTRARIO






