luns, 22 de outubro de 2007

Déjà vu

Dona Josefita Barallobre vive na súa casa de Serantes desde hai setenta e dous anos. No salón ten un loro tan vello que, cando fala, faino en galego medieval. Regaloullo Gonzalo Torrente Ballester cando era nova. Dona Josefita tamén ten un álbum de fotos "coincidentes". Chámalles así porque, sen ter relación as unhas coas outras, presentan parecidos. Agradecemos a xentileza de Dona Josefita por enviarnos dúas desas fotografías para que lles busquemos as semellanzas e lle digamos onde se fixo a de Marion Jones e onde está a escultura do gálata moribundo.

2 comentarios:

O Segrel do Penedo dixo...

Encántame o loro de Dona Josefita. Y eu pregúntome, saberá el a resposta ás túas preguntas? A de Marion Jones non a teño moi clara. Haberá que informarse...

bibliotecadocole dixo...

E eu pregúntome, ¿cantos anos terá o loro de Dona Josefita?

Related Posts with Thumbnails