venres, 9 de novembro de 2007

Os Nosos Venres Musicais (VI)

Black Magic Woman


Cunha traxectoria musical de case catro décadas, admirador de John Lee Hooker, T. Bone Walker, e B.B. King, a fama de Carlos Santana comezou xa nos anos 60.
A súa característica música combina Rock, Jazz, Blues, Soul, toques latinos, estilos multiculturais e máis.

Como membro do Rock and Roll Hall of Fame, Santana ten vendido máis de 90 millóns de discos e actuado para un total de máis de 100 millóns de persoas.

Gañou dez dos premios GRAMMY, pero tan importante é o seu legado artístico, como o seu longo historial de activismo social e contribucións a causas humanitarias. Entre outras das organizacións que apoia están Hispanic Education e Media Group, Doctors Without Borders, Save the Children, Childreach, Rainforest Action Network, Greenpeace, American Indian College Fund, Amnesty International e o Museum of Tolerance con sede en Os Ánxeles.
Das moitas distincións recibidas por Carlos Santana en recoñecemento ás súas accións sociais e cívicas e polos seus esforzos filantrópicos, unha das máis recentes foi o premio do 2002 "Humanity in the Arts Peace Award,” que lles foi outorgado polo International Committee of Artists for Peace (ICAP).


E agora un pequeno reto para os blogueiros e blogueiras máis musicais...
Poderiades describirnos a carátula do disco onde apareceu o tema " Black Magic Woman" por primeira vez?

Ningún comentario:

Related Posts with Thumbnails