sábado, 21 de febreiro de 2009

O Entroido no IES de Fene

Hoxe, como todos os anos, celebramos o Entroido, máis nesta ocasión contabamos cunha compañía moi especial, os profesores e o alumnado italiano do intercambio que están a pasar unha semana connosco.

Foi unha festa moi divertida na que non faltou o tradicional concurso de postres, un fantástico concurso con xurado internacional incluido e no que se presentaron 33 marabillosos, divertidos e elaborados disfraces, un Karaoke no que contamos coa colaboración dun DJ moi especial "O Mercader de Venecia" -é que estamos que nos saímos- e por suposto, non podía faltar o noso 1º Concurso de Regueifas, por certo, dunha altísima calidade, e que vos presentamos aquí para que o poidades comprobar.





E como fin de festa, que mellor que unha boa laconada?

Dende O Segrel, queremos dar as grazas ao noso fantástico alumnado e profesorado pola magnífica posta en escea.

Parabéns a todos e todas as participantes por facer posible que un ano máis o Entroido no IES de Fene fose unha gran festa, e xa sabedes... o ano que ven máis e igual de ben que este, porque mellor é imposible!!

Aquí vos deixo unha pequena reportaxe do acontecido...


Nesta ocasión, e sen que serva de precedente, queremos dedicar esta entrada ao noso benquerido Vicedirector, que este ano non puido acompañarnos, moi ao seu pesar, nesta xornada festiva.

7 comentarios:

Biblioafonso dixo...

EE de que ía disfrazada a bibliotecaria?

Antonio Martínez dixo...

como me gustan as jipis...

Serafín dixo...

Que siga o entroido!!!

Tony River dixo...

Perderme isto só me pode ocorrer a min. Buaaaaa.......

Leo dixo...

A esa ghipi coñezoa eu...

O Segrel do Penedo dixo...

Esa hippy é unha inconsciente, anda que tedes unhas amizades... Pero como di Serafín, que siga o entroido, a mellor festa do ano!!!!Querido vice, o ano que ben, xa sabes...

Encarna dixo...

Pois si que tivéchedes de todo, concurso de postres, de disfraces, regueifas...
Unha celebración moi completa. Agora a seguir disfrutando destas minivacacións de ENTROIDO.
Saúdos e bicosss dende Pontedeume.

Related Posts with Thumbnails