viernes, 26 de abril de 2013

Os Nosos Venres Musicais (LXXVI)


Viaxe a Ítaca

Cuando emprendas tu viaje hacia Ítaca
debes rogar que el viaje sea largo,
lleno de peripecias, lleno de experiencias.
No has de temer ni a los lestrigones ni a los cíclopes,
ni la cólera del airado Posidón.
Nunca tales monstruos hallarás en tu ruta
si tu pensamiento es elevado, si una exquisita
emoción penetra en tu alma y en tu cuerpo.
Los lestrigones y los cíclopes
y el feroz Posidón no podrán encontrarte
si tú no los llevas ya dentro, en tu alma,
si tu alma no los conjura ante ti.
Debes rogar que el viaje sea largo,
que sean muchos los días de verano;
que te vean arribar con gozo, alegremente,
a puertos que tú antes ignorabas.
Que puedas detenerte en los mercados de Fenicia,
y comprar unas bellas mercancías:
madreperlas, coral, ébano, y ámbar,
y perfumes placenteros de mil clases.
Acude a muchas ciudades del Egipto
para aprender, y aprender de quienes saben.
Conserva siempre en tu alma la idea de Ítaca:
llegar allí, he aquí tu destino.
Mas no hagas con prisas tu camino;
mejor será que dure muchos años,
y que llegues, ya viejo, a la pequeña isla,
rico de cuanto habrás ganado en el camino.
No has de esperar que Ítaca te enriquezca:
Ítaca te ha concedido ya un hermoso viaje.
Sin ellas, jamás habrías partido;
mas no tiene otra cosa que ofrecerte.
Y si la encuentras pobre, Ítaca no te ha engañado.
Y siendo ya tan viejo, con tanta experiencia,
sin duda sabrás ya qué significan las Ítacas.
Konstantínos Kaváfis

Hoxe, luns 29 de Abril, Kaváfis cumpliría 150 anos e, casualmente, fai 80 do seu pasamento!!
Konstantino Kaváfis, un dos grandes poetas do século XX

martes, 23 de abril de 2013

Exposición de Novidades no Día do Libro

Así recibiu a rapazada a marabillosa exposición de novidades organizada para celebrar o "Día do Libro"...

Día do Libro e dos Dereitos de Autor (II)

O "Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor", é unha xornada moi especial para todos os que amamos os libros e a lectura, e no Segrel queremos celebrala.

Organizamos unha exposición ben especial porque, como afirma Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO, na súa mensaxe con ocasión desta data que estamos a celebrar, "Os Libros son os nosos aliados para difundir a educación, a ciencia, a cultura e a información en todo o mundo"

Unha exposición que completamos cunha serie de citas sacadas dalgúns dos libros lidos nos Clubs de Lectura do Segrel, tanto no de pais e nais como no de alumnado, ao longo destes seis últimos anos. Son citas que nos falan da paixón polos libros e a lectura, de amores e desamores, doutras épocas, doutras culturas,  de relacións humanas,  en definitiva, da vida, e que queremos compartir con todos vós.

"Por grandes e profundos que sexan os coñecementos dun home, o día menos pensado atopa nese libro que menos valor ten aos seus ollos, algunha frase que lle ensina algo que ignora"




E por suposto que aí están tamén os Proxectos que o alumnado de 2º e 3º de ESO elaborou durante o 2º trimestre na materia de Inglés "My favourite book".


Con motivo desta celebración, e como xa ven sendo habitual nestes últimos anos, a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia, edita un marcapáxinas cun texto orixinal, nesta ocasión escrito por Paula Carballeira, no que se fala do valor do libro e a lectura.

Día do Libro e dos Dereitos de Autor (I)

Hoxe, 23 de Abril, Día do Libro, e para celebrar esta data como se merece, temos unha sorpresa moi especial para todos vós, os membros da nosa comunidade educativa, unha extraordinaria colección de Álbumes Ilustrados, cómics e algún libro moi especial de pintura, cine, poesía... que sabemos que apreciaredes.

Pasade pola exposición e botádelles unha ollada. Atoparedes fermosos textos de Rudyard Kipling, Emily Dickinson, Paula Carballeira; os mundos fantásticos de Lewis Carrol e JRR Tolkien, ou o terror de  Edgar Allan Poe. Coñeceredes un pouco máis a xenios como Van Gogh, Charlot ... e disfrutaredes duns marabillosos álbumes ilustrados, obra dalgúns dos máis grandes ilustradores, como son Benjamin Lacombe, Rebecca Dautremer, Jimmy Liao, Sahun Tan, Mauro Evangelista ou Sonja Danowski, entre outros. Todos eles verdadeiros agasallos para a vista.

Velaquí tedes unha selección das últimas novidades que atoparedes na exposición. Que as disfrutedes!!

FELIZ DÍA DO LIBRO!!

Estamos de Aniversario!!

Hoxe, estamos de aniversario no Segrel. Foi un 23 de abril do ano 2007 cando, da man do noso benquerido amigo Antonio Alonso, entramos a formar parte deste tolemia colectiva que aínda é a blogosfera. E para celebralo pensamos que era bo botar a vista atrás e velaí tedes, seis anos en poco máis de catro minutos. É unha pequenísima pincelada do que estivemos a argallar estes anos... 

Grazas a tod@s os que o facedes posible día a día!!




sábado, 20 de abril de 2013

Club da Rapazada de 3º e 4º de ESO

O pasado martes, e como ven sendo habitual dende que comezou o curso, cada terceiro martes de mes
reunímonos o club de lectura de 3º e 4º de ESO.

Case todos quedamos a comer no centro, un bo momento para compartir pizzas e risas antes de compartir lecturas. Nesta ocasión acompañounos un sol radiante e, despois do inverno que pasamos, non estabamos dispostos a comer dentro, así que collimos todos os petates e, aínda que non temos moito campo, parece mentira estando onde estamos...., decidimos aproveitar o recunchiño a carón das pistas e disfrutar das marabillosas vistas da Ría de Ferrol.

Pero como Aitor, e algún outro, seique non aguantan a pleno sol... a sesión do club a fixemos como sempre, na biblioteca. Nesta ocasión comentamos Maus, unha novela gráfica que a todos lles gustou incluso houbo quen a elixiu como unha das súas favoritas, senón a favorita.

Este curso dedicámonos a ler cómic e novela gráfica, o que nos dou bastantes quebradeiros de cabeza para facernos cun exemplar para cada un, xa que somos 20 e, dado o elevado custo destes exemplares, non podemos mercar máis dun exemplar para o centro. Pero botamos man dalgún centro amigo e sobre todo da BM de Fene e a BM de Redondela que dispoñen dun bo fondo. A todos eles agradecerlles a súa extraordinaria colaboración.

Nesta xuntanza, a penúltima xa do curso, fixemos algo que non é habitual, pero debido ao que vimos de expoñer decidimos que nesta ocasión cada un de nós levara un título distinto a escoller entre o noso fondo de cómic que é bastante bo. 


Boa selección, non si?

Álbum fotográfico da Xornada


lunes, 15 de abril de 2013

Con "Olga Uzal" na Guinea dos 60

A reunión do Club de lectura de pais e nais do martes pasado levounos da man de Olga Uzal, e acompañadas dun bo café e unhas deliciosas lambonadas, a terras africanas .

A nosa última lectura foi "Palmeras en la nieve" de Luz Gavás. Unha novela que nos adentra na vida daqueles emigrantes españoles dos anos 50 que chegaron á entonces Guinea Española en busca dun futuro mellor. Mentras comentabamos esta lectura, Alsira, membro do club, falounos dunha prima do seu home que vivira na Guinea nos anos 60, nin que decir ten que o primeiro que lle pedimos foi que a invitara a unha das nosas xuntanzas para contarnos as súas experiencias neste país africano, e o pasado martes Olga veu a O Segrel.

A súa é a historia dunha muller casada cun militar destinado en Cartaxena que chega a Santa Isabel, hoxe Malabo, como celador de porto a finais dos anos 60 onde pasan, xunto aos seus tres fillos, cinco anos, os dous últimos nas oficinas militares en Bata, naquel momento a capital.

Olga falounos da súa magnífica relación cos nativos, atentos e agarimosos e que "nunca me devolveron mal por ben" aínda que tamén nos contou que non todos os trataban moi ben... Vivía nunha casa de dúas plantas, no seu baixo vivía unha familia de Chanteiro, na que tiña tres rapaces, "boys" como se chamaban daquela, que facían as tarefas domésticas, porque as mulleres so se encargaban de atender ao pequenos. 

Contounos algunhas anécdotas como a daquel día recén chegada cando un rapaz que non tería máis de cinco ou seis aniños, chegou á súa casa completamente espido e cunha cesta chea de laranxas. Ela  vestiuno coa roupa e as sandalias dun dos seus fillos e mercoulle a cesta de laranxas. Ao día seguinte volveu a aparecer o rapaz con outra cesta de laranxas e cando ela lle dixo que tiña laranxas dabondo para unha semana o rapaz contestoulle que eran un regalo. 

Durante a súa estancia dedicouse a preparar a rapaces para facer o ingreso. Entre os seus alumnos tivos aos fillos de Macías "Un oficinista que chegou ao poder de casualidade"

Foi unha etapa moi feliz da súa vida e do único que non garda moi bo recordo é dos tornados, "cando chegaban o día tornábase en noite".

Un encontro extraordinario que nos mantivo tres horas, as reunións sempre son dúas.., moi atentos a todo canto Olga nos ía contando quen respostou á chea de preguntas que todos lle queríamos facer. Dende aquí o noso agradecemento a esta muller que compartiu con nós as súas particulares "Memorias de África"

Para saber máis
   Álbum fotográfico do Encontro


domingo, 14 de abril de 2013

Bellón-Maceiras "Músicos Solidarios"

Daniel Bellón e Diego Maceiras (ex-alumnos do IES de Fene) dous extraordinarios músicos e, aínda se cabe mellores persoas, que aquí podedes escoitar durante a súa participación no tema Amazing Grace coa orquesta de Músicos Solidarios "Voces para a Paz"


Blog BellónMaceiras

miércoles, 10 de abril de 2013

Poesía, Poesía por un Tubo!!

Poesía por un Tubo!! Que diría o noso admirado Carlos Negro, porque o segundo trimestre estivo adicado á poesía, aínda que a celebración do Día da Poesía no Segrel, por mor da Semana Santa, decidimos pospoñelo á volta deste período vacacional.

O mes de marzo, comezou da man de Carlos Negro que pasou con nós o martes día 5. Primeiro foi un obradoiro para a rapazada do Club de lectura de 3º e 4º de ESO e despois as Xornadas de Lectura Literaria organizadas polo CFR de Ferrol. Un bo comenzo, non si?

En 4º de ESO, na materia de inglés, o alumnado traballou nun proxecto sobre "Música e Poesía" que os achegou a poemas de Neruda, Shakespeare, Poe, Oscar Wilde, Yeats, William C. Williams, Jack Prelutsky, Ted Hughes, Langston Hughes, Roald Dahl. Poemas que non só analizaron senón que tamén se encargaron de ilustrar. Unha experiencia extraordinaria que fixo posible que ese primeiro rexeitamento a desenvolver un proxecto arredor da poesía desaparecera completamente segundo ía tomando forma, e como proba aquí tedes o resultado. Estupendo, non si?


Cos proxectos do alumnado de 4º de ESO, o material elaborado polo alumnado de 3º e 4º no obradoiro con Carlos Negro, unha pequena escolma de poemas e caligramas e unha boa selección dos fondos da nosa biblioteca organizamos unha exposición que completamos cunha pequena actividade a desenvolver no "Recuncho da Poesía" onde todos aqueles membros da nosa comunidade que así o desexen poderán intercambiar poemas tanto de creación propia como doutros autores.
Aquí a tedes...

martes, 9 de abril de 2013

José Luis Sampedro - In Memoriam

Crédito da Imaxe

"Traballei moito para ser o que son, un aprendiz de min mesmo"

"O diñeiro é o deus desta sociedade capitalista"

"O noso tempo é para min, esencialmente, un tempo de barbarie. E non me refiro so a violencia, senón a unha civilización que ten degradado os valores que integran a súa natureza. 
Un valor era a xustiza"


A noticia na prensa:



lunes, 8 de abril de 2013

Sara Montiel "Un Fito da súa Época"

Hoxe morreu o último gran mito do cine español, Sara Montiel, a primeira actriz que conseguiu entrar na Meca do Cine, nun tempo onde "abrir portas" era ben complicado, senón mesmo imposible, especialmente sendo muller...

Así recollen os medios a noticia:
El País
Especial El País
El Confidencial
ABS.CBN News
MSN.News
The Hollywood Reporter
The Inquisitr
The News

E non vos perdades á gran Sara cantando "Eu de Marin Ausenteime..." (Minuto 2.04) na película "El último tango" dirixida por Luis César Amadori (1960) Vía

viernes, 5 de abril de 2013

Roteiro Plambe-Ferrolterra (XIV) CEIP Santiago Apóstolo (Franza)

O pasado mércores, 3 de abril, tivo lugar, no CEIP Santiago Apóstolo de Franza, a xuntanza mensual do Plambe-Ferrolterra.

Como adoitamos facer, a reunión sempre comeza cun percorrido pola biblioteca.Unha fermosa biblioteca con recunchos acolledores e moreas de detalles preciosos que fan dela un lugar marabilloso que nos achega ao mundo dos libros e a lectura dun xeito ben máxico e que podedes seguir a través do seu blog "A casa de Pulpi".

Despois do paseo, que aproveitamos para as conversas c@s compañeir@s, a orde do día chegou da man de Begoña e de Encarna, das que sobran comentarios porque as dúas son ben coñecidas no mundo das Bibliotecas Escolares polo seu bo facer, quen, nesta ocasión, nos levaron a adentrarnos no Google.Sites e no Pinterest, dúas ferramentas imprescindibles hoxe en día.

E, por suposto, despois do traballo tamén chegou o momento do café e as lambonadas, momento que sempre aproveitamos para entregar ese pequeno agasallo que nos gusta que quede nas bibliotecas como lembranza do noso paso por elas, e nós, tamén levamos o noso recordo, que nesta ocasión era de "produción propia". Encantáronnos os tres, un fermoso "Refraneiro Popular", os "Dereitos do lector" de Pennac e unha utilísima "Guía da Biblioteca". 

Parabéns a Carmen e ó equipo da biblioteca polo seu magnífico traballo.
Ata sempre!!


Related Posts with Thumbnails