lunes, 20 de octubre de 2014

Biblioteca Escolar... Matemático!!!

O mes de outubro, mes declarado pola IASL (International Association of School Librarianship) como Mes Internacional da Biblioteca Escolar. O obxectivo é facer visible a importancia da biblioteca escolar e difundir a súa potencialidade como factor de calidade do ensino nos centros educativos.  

O lema deste ano é "Biblioteca Escolar... Matemático!!!" un lema que pon énfase no papel imprescindible da biblioteca escolar e tentando espertar o interese polas matemáticas.

O ilustrador David Pintor foi o encargado de deseñar o cartel da campaña deste ano.

Con este motivo dende a nosa biblioteca organizouse unha exposición onde se recolle unha ampla selección de literatura (novelas, poemas...) e cine que trata o tema matemático. Aos nosos fondos engadimos a Maleta Viaxeira Matemática que dende  a Asesoría de Bibliotecas Escolares poñen a disposición de todos os centros educativos como un servizo de préstamo temporal.

Exposición que completamos cunha pequena mostra sobre Mauritis C. Escher baixo o título "A maxia do imposible". 

Así mesmo algúns grupos da ESO e de Formación Básica, visionaron películas como "Los crímenes de Oxford" e "Contact"

miércoles, 8 de octubre de 2014

Os Clubs de Lectura do Segrel botan a andar!!

Así é. O vindeiro martes día 14 teremos a primeira sesión do club de lectura de 1ºESO e o martes 21 a de 2ºESO, así como a de pais e nais. 

Este curso, debido á grande demanda, temos apuntados 50 rapaces e rapazas dun total de 78 matriculados nestes dous cursos, decidiuse, para facilitar os encontros, que as reunións non fosen conxuntas polo que nos foi imposible ofertalo ao resto da ESO, dada imposibilidade de atendelos.

Canto o sentimos!

Os títulos elixidos este curso son:
Club de 1º ESO
  •  Sierra i Fabra, Jordi “El asesinado del profesor de matemáticas” 
  •  Docampo, Xabier “Cando petan na porta pola noite” 
  •  Cimadevilla, Fernando “O ladrón de soños (O mundo secreto de Basilius Hoffman I)”
  •  Castro, Carlos de “La casa de la linterna” 
  •  Gleitzman, Morris “Una vez”   
  •  Gómez Cerdá, Francisco “Eskoria” 
  •  Gallego, Laura “Las hijas de Tara”   
Club 2º ESO
  • Silei, F, Quarello M. “El autobús de Rosa”
  • Pratt, Hugo “Corto Maltés” 
  • Guarnido, J., Díaz Canales, J “Blacksad” 
  • Dorison, X, Lauffray, M. “Long John Silver” 
  • Tomás, Xosé “Nomades”
  • Brami, E; Jeunet B. “Sálvate Elías “ 
  • Innoccenti, R; Vander Zee, R. “A historia de Erika” 
  • Roca, Paco “Arrugas” 
  • Innoccenti, Roberto “Rosa Blanca“ 
  • Satrapi, Marjane “Persépolis" 
       Club de Pais e Nais
  • Feijoo, Pedro “A memoria da choiva”
  • Grandes, Almudena "Las tres bodas de Manolita"
  • Belli, Gioconda "El país de las mujeres"
  • Camilleri, Andrea "El beso de la sirena"
  • Fernández Paz, Agustín “A viaxe de Gagarin”
  • Hosseini, Khaled "Y las montañas hablaron"
  • Navarro, Julia "La Biblia de barro"
  • Garrido, Vicente; Nieves Abarca "Crímenes exquisitos"
  • See, Lisa "El abanico de seda" 
  • Redondo, Dolores "O gardián invisible"
Unha noticia, que foi difundida esta mañá a través de Radiofusión Fene, a nosa radio local, cun titular ben fermoso "No IES de Fene a lectura é unha gozada"

Esperámosvos!!
Related Posts with Thumbnails