miércoles, 18 de febrero de 2009

Robert Doisneau, Algo Máis que "O Bico"

Robert Doisneau definíase a si mesmo como pescador de imaxes”, un pescador que explicaba Nas miñas imaxes procuro encontrar nos personaxes un espazo interior por onde corra o aire; é o que en definitiva lle da a vida a unha fotografía

No ano 1950, a Revista Life encarga unha reportaxe sobre os amantes de París e de aí sairá a serie “Bicos” que recolle a obra máis significativa deste artista, a súa fotografía “Le Baiser de l'Hotel de Ville”, que se converteu nunha das máis populares e na icona romántica do amor e da capital francesa, pero Doisneau é moito máis que esa famosa foto da que declararía Non é unha foto fea, pero nótase que é froito dunha posta en escea, que se bican para a miña cámara”. Un ano máis tarde, Doisneau expón as súas fotos no Museo de Arte Moderno de Nova York, o MOMA.

A obra de Doisneau pasa inadvertida durante anos ata que na década dos oitenta o mito rexurde e a súa obra é recoñecida mundialmente. Unha obra que destaca por ter retratado a vida da cidade de París e dos seus habitantes ao longo de moitas décadas.

2 comentarios:

Biblioafonso dijo...

Fermosa entrada e fermoso fotógrafo. Das súas palabras dedúcese, como aclaría expresamente noutro momento, que a foto do "Bico" foi preparada e non foi unha instantánea capturada nunha rúa de París.

Loly dijo...

É verdade, pero non por ser preparada deixa de ser unha imaxe fermosísima.
Paris, l'amour!!!

Related Posts with Thumbnails