jueves, 21 de junio de 2018

Propostas Lectura Verán 2018

Contra a discriminación e celebrando a diversidade 

Por un verán cheo de lecturas compartidas!! 



https://www.symbaloo.com/home/mix/13ePBiNHAh

miércoles, 20 de junio de 2018

Diversidade Sexual

Esta mañá, no Segrel, alumnado de 4ºESO e dos clubs de lectura de 2º e 3ºESO asistiron a un encontro con Hugo Pérez para falar sobre diversidade sexual.

O obxectivo deste encontro é facilitar que o alumnado reflexione sobre a diversidade de identidades, e Hugo faloulles dende a súa experiencia vital dun mozo transexual, sempre dende unha prespectiva moi positiva e sen esquecer o extraordinario papel que desempeña en todo o seu proceso a familia e as amizades que sempre estiveron e seguen a estar ao seu carón.

Na última parte deste encontro coñecemos a Loli, a nai de Hugo, una muller moi forte e valente que nos falou de todos os estados polos que pasou, dende a negación da realidade que lle estaba a tocar vivir, ata a aceptación total.

Hugo foi moi directo, falounos de sentimentos, emocións, cunha idea moi clara, hai que visibilizar e derrubar estereotipos e prexuizos fomentando sempre a empatía e o respecto á diferencia.




POR UN CENTRO LIBRE DE LGTBFOBIA





lunes, 18 de junio de 2018

Encontro Avós e Avoas - INEIN

Esta mañá, O Segrel tivo unha visita moi especial, as avoas e os avós do alumnado de 1ºESO da materia de Investigación e Tratamento da Información.


Este trimestre fixemos un pequeno proxecto que nos levou ata os anos 50 e 60 do século pasado "A escola dos nosos avós e avoas"


Foi un proxecto ben interesante xa que a rapazada lle fixo unha enquisa aos seus avós e avoas, algúns deles grabaron vídeos e audios, fixeron unha boa pescuda para atopar materiais e a partir de aí déronlle forma ao seu proxecto. 


O máis fermoso, e do que nos sentimos ben orgullosos, foron as conclusións que del sacaron...

"A entrevista co meu avó foi moi interesante, porque cando lle preguntaba algo, eu quería saber cada vez máis. Había preguntas nas que eu alucinaba porque o cambio é moi grande. No seu colexio non había case nada. Con esta entrevista aprendín que aínda que non teñas o mellor colexio, o máis importante é divertise e aprender o máximo"

Iván

"Gustoume moito facer este traballo, xa tiña unha pequena idea dos colexios dos meus avós porque alguna vez falo con eles das cousas dos seus tempos, pero moi pouco, e agora doume de conta de que é moi interesante"


Brais


"Eu creo que os nosos avós tiñan moitas máis dificultades para ir ao cole e gozar, e que nós somos moi afortunados. Aprendín moito facendo o traballo xa que nunca falara cos meus avós sobre este tema"

Roi


"Eu creo que o colexio dos nosos avós era moito peor que o noso porque non tiñas calefacción e os profesores pegábanlles. Este traballo gustoume moito porque descubrín todo o que non sabía sobre como eran as escolas dos nosos avós"


Serxio


"Foi unha boa experiencia realizar esta actividade xa que puiden coñecer mellor como era a vida do meu avó e poder reflexionar coas historias que me contaba"


Aitor


Clica na imaxe para ir ás presentacións






viernes, 1 de junio de 2018

Encontro "Séchu Sende"

"Made in Galiza ou como as palavras poden mudar o mundo"

O venres, día 1 de xuño, no Segrel do Penedo contamos coa presenza de Séchu_Sende, escritor e profesor de Lingua e literatura galega no IES Marco do Camballón en Vila de Cruces.


O departamento de galego, organizador do encontro, convocou, nesta ocasión ao alumnado de 3ºESO.


Séchu estivo a falar de amor, de sexo, de sociolingüística, de literatura, de como se iniciou no mundo da escrita etc, pero sobre todo do afortunadas e afortunados que somos por poder contarmos cunha lingua propia que nos abre a porta para comunicármonos con 250 millóns de falantes. Seguindo a súa liña, todo estivo adubado con grandes doses de humor, amor e optimismo.



Blog de Séchu Sende




Related Posts with Thumbnails