lunes, 25 de marzo de 2013

Xornadas Lectura Literaria III - Carlos Negro

O martes 5 de marzo celebráronse no Segrel as III Xornadas de Lectura Literaria organizadas polo CFR de Ferrol. Nesta xornada disfrutamos da presencia de  Carlos Negro e de que xeito, solo hai que ver o título deste encontro. "Praceres Intensos, Praceres Escuros. Poesía e Chocolate"!! 

Nesta ocasión o pracer foi dobre, xa que Begoña, profe de Tecnoloxía e membro do noso grupo da biblioteca e compañeira de Carlos Negro na Universidade foi a encargada de facer os honores. Un emocionante encontro no que os dous lembran aqueles anos na Universidade. 

A presentación comeza co alumnado de 3º e 4º de ESO, os nosos "Xoves Libro", que nos acompañan para salvar a obra de Carlos Negro así que recitan algúns poemas de "Makinaria" mentras son acompañados polos seus compañeiros Sarai ao teclado e Sergio co violín. Logo, Begoña, como non podía ser menos, fai a presentación do "poeta - amigo" Os dous recoñecen a emoción do momento. Quen lles ía dicir naqueles anos...!! 

Begoña comeza facendo unha pequena reseña biográfica para finalmente adentrarnos na súa obra. Carlos agradece a cariñosa presentación e comeza coa lectura de "Frederick: Un rato poeta!" "Porque os libros non existen ata que alguén os abre e os le!" E a partír da ahí... Que é un poema? "Un poema é unha onza de chocolate: pequeno, escuro e o máis bo do mundo" Así que para demostralo…"Chocolate" para todos!! E poesía por un tubo!! Porque "A poesía é un pracer gozoso" "Unha experiencia transformadora" Fala de como achegar a poesía á rapazada... "Hai que ler moita poesía, para coñecela e poder compartila!!" E falamos de poetas de aquí e de acolá... Lupe Gómez Arto, Ajo, Benjamín Prado, Álvaro Cunqueiro, Fran Alonso, Antón Lopo, Andrés Neuman, Kirmen Uribe, Uxío Novoneyra, Samuel L. Paris, Adriana Falcao, Jean-Pierre SimeonMiguel Munárriz, Álvarez Blazquez, Ernesto Cardenal, Roger Wolfe, Rosalía... 

Unha tarde intensa e fermosa na que todos quedamos con gañas de máis... O tempo, que voa!! Pero sacamos un minutos... para as signaturas!! "Makinaria" "Cultivos Transxénicos" "Far-West"... todos levamos os nosos exemplares E, por suposto, asinou no noso "Libro de Ouro"!!!! Rematamos cos agradecementos aos asistentes e sobre todo a Carlos, tan cercano, tan agarimoso... e que nos fixo, unha vez máis, disfrutar do Pracer da Poesía!!
Carlos Negro
Clicar na Imaxe para ir ao Álbum fotográfico

sábado, 23 de marzo de 2013

Carlos Negro "De Cero a Cen en Tres Poemas"

Para celebrar o mes da Poesía, para nós, todos os días deberían ser e, de feito o son, o Día da Poesía, tivemos entre nós a Carlos Negro que pasou a tarde do martes 5 de Marzo co alumnado de 3º e 4º de ESO.

A rapazada, convertidos en "Xoves Libro", decidiron presentar a este extraordinario poeta, salvando a súa obra e o fixeron recitando tres dos seus poemas; "Roedores de Caucho", "061" e "Rústico Poema" acompañados por Sarai no teclado e Sergio co violín, un dos instrumentos que, últimamente, estase a converter en imprescindible en calquera das actividades que se desenvolven no Segrel...



Tras a presentación falamos de poesía, do que a poesía é para nós; Carlos leunos femosos poemas, e despois pasamos á práctica, escribimos extraordinarias Greguerías, poemas Dadá cheos de humor, fermosos poemas que falaban dos nosos medos... foi unha tarde ben productiva e moi doce "Un poema é unha onza de chocolate: pequeno, escuro e o máis bo do mundo", así que comimos chocolate...pero que nos soubo a pouco así que esperamos repetir axiña, porque nos quedou por falar do son, un dos elementos importantísimos na poesía. Un bo motivo para repetir este encontro antes de que termino o curso, que hai que rematar este extraordinario obradoiro... 


viernes, 22 de marzo de 2013

martes, 19 de marzo de 2013

Sempre é Bo Momento para Escoitar e Ler Poesía!!




Non deixedes de visitar os blogues Son de Poetas e Antología de Poemas Musicados de Ángel Puente, onde atoparedes unha extraordinaria selección de poemas musicados.

E, por suposto, disfrutade unha e mil veces da fantástica película de Peter Weir "El club de los poetas muertos"

“Non esquezan que a pesares de todo o que lles digan, as palabras e as ideas poden cambiar o mundo (…) Contareilles un segredo: non lemos e escribimos poesía porque é fermosa. Lemos e escribimos poesía porque pertencemos á raza humana; e a raza humana está chea de paixón. Mediciña, dereito, comercio, inxeñería… son carreiras nobres e necesarias para dignificar a vida humana. Pero a poesía, a beleza, o romanticismo, o amor son cousas que nos manteñen vivos”

viernes, 8 de marzo de 2013

Related Posts with Thumbnails