mércores, 29 de abril de 2009

Aquí, Taipei.

Escribo esta entrada desde un cíber de Taipei grazas a unha desas “becas full-time” que hai para profesores. Este ano tiven sorte porque a convocatoria saíu nas vacacións do Nadal e só nos decatamos uns poucos :))

A semana pasada visitei o Parque Nacional de Tanjung Puting en Indonesia. Unha experiencia inesquecible da que non podo ensinar fotos por cuestións do copyright da beca. O que podo facer é recomendarvos o libro “Los pensadores de la jungla” de Willie Smits. É unha obra interesante porque nos presenta a situación dos orangutáns, do seu hábitat e as consecuencias que están a padecer por mor dos cultivos para biocombustibles e do cambio climático.


Do cambio climático tamén trataba unha exposición do CEIDA que houbo no noso IES organizada polos compañeiros da Axenda 21 escolar de Galicia. Acabo de ver no correo as fotos (thanks, Loly). Debeu estar moi ben.

O caso é que ando por estas terras distantes. Aínda que unha vez aquí máis ben parecen o centro do mundo e que quen está lonxe somos nós. Ao que ía: que pola mañá faláronme de Jimmy Liao, un escritor e ilustrador taiwanés, bastante coñecido por esta parte do planeta e ao que lle levaron ao cine un dos seus contos hai uns anos.


Gustouvos? Espero que si. Se todo vai ben, dentro dun par de semanas escríbovos desde Xapón.

Sayonara, babies!

luns, 27 de abril de 2009

Publicidade



xoves, 23 de abril de 2009

En O Segrel estamos de Celebración!!

Hoxe, en O Segrel estamos de celebración e por partida doble.

O 23 de Abril, "Día do Libro" -vaia data ben significativa para unha Biblioteca Escolar- celebramos o noso segundo ano na blogosfera.

Era o ano 2007... Como pasa o tempo!! Se parece que foi onte cando con dous artigos, un de presentación e outro contando quen era O Segrel do Penedo, facíamos a presentación en sociedade. e canto ten acontecido xa!!!

Pero decíavos que era unha celebración doble, xa que ao ano seguinte, e para celebrar tan fantástico acontecemento, nesa mesma data, o 23 de Abril, nacía Radio Barullo, o blog da nosa radio escolar.

Este ano, e para non ser menos, queremos celebralo dando os nosos primeiros pasos en TWITTER! -Paciencia... dádenos uns días, que isto só é cuestión de comezar...

A semana pasada Javier Celaya quería saber se nas Bibes Galegas estabamos a utilizar esta ferramenta. -Sempre é Javier Celaya quen nos pon na pista. Primeiro entramos na blogosfera movidos polo seu extraordinario entusiasmo e o seu xeito de contaxialo, e agora nos dou ese empurronciño que nos faltaba para converternos en "Twitters" - Gracias Javier!!!

E nós, que somos alumnos moi aplicados, non esquecimos o consello que nos dou naquelas Xornadas de Bibes alá polo ano 2006 "Este mundo é moi doado, o único que necesitades son mans que vos leven", e como somos así, de natural impulsivo, "Meu dito, meu feito", atopamos esas mans, as mans de ANB, que fixeron, e seguen a facer posible que cada 23 de Abril dende o ano 2007, celebremos esa data en O Segrel cunha novidade. -Grazas Antonio!!

Grazas a todas e todos os que nos visitades, nos apoiades, nos animades... porque sen vós, esta, unha das nosas paixóns, non tería sentido.

E por suposto, grazas mil @S AMIG@S por estar sempre aí e por facer desta unha viaxe fantástica chea de magníficos traballos compartidos, traballos colaborativos e dunha grande complicidade, onde tantísimo aprendemos e donde cada día somos máis conscientes de tanto como nos queda por aprender. Pero aí andamos...

Que sexan moitos máis en tan MAGNÍFICA COMPAÑÍA!!

Boca.
Biblioteca
Biblioteca.
Dedos.
Libroteca
Librostocas
Leo...
Son palabras no recreo.
Gloria Sánchez.

luns, 20 de abril de 2009

Publicidade*



*Dedicado aos homes e ás mulleres que esta semana estrean despacho... e aos que se van.

sábado, 18 de abril de 2009

Encontros do Plambe 08/09

De volta dos Encontros do Plambe o primeiro que nos ven á cabeza e darlle os parabéns a Cristina e Pilar por unha organización, como ven sendo habitual, perfecta.

Nós, como somos do primeiro Plambe, só estivemos o venres -canto botamos en falta a noite de charlas, risas... o tempo para falar cos amigos e coñecer á xente nova, para disfrutar vendo os materiais expostos... - pero o que non pode ser, non pode ser e ademais é imposible!!

Os poñentes de primeira, como sempre tamén.
A xornada comezou con Felipe Zayas "Ler e escribir na Rede: novos obxectivos do alfabetismo" falounos da competencia comunicativa e as TICs.
A nós gustounos especialmente a charla de Glória Durban -a quen admiramos e seguimos dende hai moito tempo e cuxos materiais son imprescindibles para nós- e con quen tivemos unha agradable conversa durante a comida. Glória falou de "A biblioteca escolar e o desenvolvemento da competencia informacional"
"A biblioteca escolar útil ten que ser visualizada na escola e no instituto como un entorno de aprendizaxe e lectura con recursos para a realización de intervencións didácticas e a consecución do curriculum"

"Hai que convencer ao claustro das posibilidades da biblioteca como entorno de aprendizaxe"
E que dicir de Emilio Pascual. Non podería haber mellor xeito de clausurar estes Encontros! Impresionounos e agradecimos fondamente -especialmente nestes momentos- "A lectura dos outros" unha valente defensa da lectura. Esperamos poder dispor do texto completo da conferencia para colgalo en O Segrel e que podades disfrutalo vós tamén. Non vos perdades o magnífico artigo de Mesturas "De cangarexos e Doutrinas do Shock"

Música vía Magnatune con lecenza CC

luns, 13 de abril de 2009

Autismo: Unha Relación Moi Especial

Vía Digizen chéganos "Mon petite frère de la lune" unha fermosísima curta de animación sobre o autismo que non debedes deixar de ver.

Esta é unha curta, gañadora do Gran Premio e do Premio do Público do Festival Handica-Apicil 2007, na que unha nena pequena nos conta, coa súa linguaxe sinxela, a relación que mantén co seu irmán autista.

O director e pai deste dous pequenos, Frédéric Philibert, explicou "Non queríamos transmitir unha mensaxe que fora triste, por iso o noso fillo sitúase nunha burbulla de luz que pode ampliarse cando a súa irmá consegue poñerse en contacto con el"

Para saber algo máis sobre o autismo


APNA

AETAPI

Confederación Autismo España

Publicidade

sábado, 11 de abril de 2009

Matemáticas 2.0: A Aprendizaxe por Proxectos

A través da Bitácora de Anibal de la Torre atopo este vídeo no que tres mozas e un mozo de 1º de bacharelato do IES Valsequillo (Gran Canaria) contan a súa experiencia de aprendizaxe por proxectos integrados na materia de matemáticas de 4º de ESO impartida polo profesor Carlos Morales Socorro.

Unha experiencia da que nos falan en termos de aprender a aprender, autonomía na aprendizaxe, aprendizaxes significativas, motivación, diversidade de métodos para acadar un mesmo obxectivo, visión global dos problemas, tratamento da información, desenvolvemento das CCBB...

Explican as distintas ferramentas das que dispuxeron, foros, wikis... e a plataforma Moodle como soporte dese cambio metodolóxico.

Comentan tamén, que aínda que ao principio foi en ocasións agobiante logo da práctica todo resultou moito mellor, utilizando expresións como "matemáticas divertidas" (cantos dos nosos alumnos e alumnas utilizarían ese calificativo para describir as nosas materias/metodoloxías??) e algo que penso é fundamental, chegaron a descubir que "As matemáticas están en todas partes"

Ata cando pensamos seguir negando a evidencia???


Deixovos tamén un interesante documento sobre Competencia Dixital elaborado por Boris Mir e que chegamos a el vía Educación Tecnológica

venres, 10 de abril de 2009

Os Nosos Venres Musicais (XLIII)

Kurt Kobain, cantante, guitarrista, compositor e lider de Nirvana, morto fixo 15 anos o día 5 de abril, e Mari Trini, falecida o pasado martes, día 7, estarán esta semana nos Nosos Venres Musicais.

As diferencias entre eles son obvias, nin por nacionalidade, nin por estilo musical, nin pola súa vida e moito menos pola súa morte, hai semellanzas entre estas dúas personalidades, pero o azar quixo que esta semana, e case coincidindo no mesmo día, lembrásemos a tráxica e aínda non esclarecida morte de Kurt Kobain e nos conmovéramos coa noticia da morte de Mari Trini.

Non deixedes de escoitalos, seguro que disfrutaredes coa súa música!!




xoves, 9 de abril de 2009

Selo Violeta !!

Isto é impresionante, non ben acabamos de agradecer un fermoso agasallo cando xa estamos a recibir o segundo!!!

Nesta ocasión é o Selo Violeta que nos chega dende o Blog da Biblioteca Milladoiro de Malpica, un blog amigo cheo de maxia e encantamento a quen lle agradecemos dende aquí esta marabillosa distinción.

O Selo Violeta ven de Blogstórias Essenciais e segundo os seus creadores "O Selo Violeta representa as sensações que a cor violeta traz para a nossa mente. Este prêmio é dado aos blogs que têm algumas das sensações da cor violeta. São algumas delas: magia, encantamento, graciosidade, magnetismo... e tudo aquilo que parece mágico".

Este agasallo ven xunto cunhas regras que debemos cumplir:
- Exhibir o Selo Violeta no blog xunto coas regras.
- Indicar cantos blogs consideras que merecen este selo.
- Avisar aos indicados, non hai que esquecerse diso!
- Escribir dous poderes máxicos que xa imaxinaches ter.

Para nós son Blogs Violeta:
A Nosa Biblioteca
BiblioAfonso
Sacapenas para Gaza
Arte Chachi
Castro de Baronceli
Curso 6º de Quintela
Cousas das nenas e nenos de Vide
Biblioteca Brea Segade
5º e 6º Milladoiro
Unha Biblioteca chea de Tesouros

E se temos que escoller un par de poderes máxicos... Hummm, realmente complicado, pero quedaríamonos con A maxia da Fada Madriña de Cincenta (que xa somos madriñas e seique nos falta ese pequeno detalle!!) e por suposto con A maxia da mirada dos máis pequechos, que para nós e moi, pero que moi poderosa!!

Grazas tamén a Bibliobrey e a Bibliobelesar por agasallarnos co seu Selo Violeta.

mércores, 8 de abril de 2009

Xoias da Pintura e Memoria Visual

Hoxe, e dende un dos nosos blogs amigos, traémosvos uns xogos de memoria visual que, pola súa temática, queremos dedicar especialmente a outro Blog AMIGO, esperemos que lle gusten!!

Fixádevos ben nestas xoias da pintura e vexamos como está esa memoria visual!!





Algún/ha de vós sabería dicirnos con que obras mestras estivemos a xogar?

martes, 7 de abril de 2009

Vaia co Gatiño!!

Este é un pequeno agasallo para todos e todas vós, pero especialmente para o noso benquerido Capitán K, por ser el quen sempre nos achega estes xogos, que mesmo ás veces seique nos quer tolear, e por suposto para O Rato Mik. Vexamos como se lle da ao noso "amigo" isto de perseguir ao gato...

O xogo consiste en non deixar fuxir ao gatiño. O micho non pode pisar as bolas escuras así que vós o que tedes que facer é clicar nas clariñas que se tornarán escuras ao momento.

Pero como todo, isto tamén se aprende practicando, así que picade no debuxo e... A xogar!!!

Por certo, sabedes como atopei ao micho??? Nin o imaxinades!!

Xa volo dicía eu, nin máis nin menos que mirando dende onde viña o agasallo "Maneiro"


luns, 6 de abril de 2009

O Agasallo do Rato Mik

Hoxe recibimos unha noticia fantástica, concédesenos o premio "Olha que blog Maneiro!" que ven a ser algo así como "Mira que blog tan creativo, tan bonito!"

Non credes que é un agasallo fermosísimo?

A nós, este recoñecemento énchenos de orgullo non só polo que significa senón tamén por quen nolo otorga O Recanto de Mik un blog amigo e admirado. GRAZAS MIL!!!

Máis este agasallo está rexido por unhas normas:

- Exhibir a imaxe do premio "Olha que blog Maneiro!"

- Poñer o nome do blog que cho concedeu.

- Indicar os 10 blogs aos que lle otorgas o premio.

- Avisar aos premiados.

- Publicar as reglas.

- Comprobar que os blogs premiados sigan estas reglas.

Nós, despois de pensalo bastante, pasamos o premio a:

BibliotecaA3P

Pasa Páxina

Discentia

BiblioBóveda

BiblioBrey

Ars Legendi

El Balcón Abierto

Arel-Arte

Educadores 21

Bibliomanía

Blogs todos eles aos que seguimos, admiramos e dos que tanto aprendemos.

Moitas grazas tamén polo seu recoñecemento como Blog Maneiro a Biblioblogreboreda, Iniciarte, Arel-Arte, Tartarugalectora e Bibliobrey

Publicidade

domingo, 5 de abril de 2009

Apture: "Multimedia no Blog"

Hoxe queremos presentarvos Apture, unha ferramenta fantástica que descubrimos, como tantas outras, no blog de Ángel Puente.

Apture permite engadir en cada artigo do noso blog unha multitude de recursos multimedia que se poden ver sen necesidade de abrir novas ventás ou pestanas que ás veces complican unha miaxiña a lectura dos posts.

Para comezar, un vídeo dunha marabillosa canción "Fallen" cantada a dúo por Randy Crawford e Soledad -Presuntos Implicados

Pero tamén podemos engadir documentos en pdf, artigos da wikipedia, presentacións, arquivos de son, fotografías, mapas, slideshow... vamos, que non queda nada que non se poda enlazar, así que vexamos algúns exemplos utilizando algúns dos artigos dos blogs das Bibes Galegas, que mellor, non si?.

Un impactante vídeo "The cost of living" que nos chegou a través de ANB

Arte e Cine dende Iniciarte

"A Web Social en un Club de Lectura" por Catuxa Seoane

Un fermosísimo poema, "Hagamos un trato" dun dos meus autores favoritos, Mario Benedetti

O Programa dos Encontros do Plambe 08/09 dende Bibliotecas Escolares

Unha fotografía de recordo do III Encontro Edublogs en Santiago

Santiago de Compostela en Google Maps

Que vos parece?

Animádevos, só tedes que rexistravos e ben pouco máis.

venres, 3 de abril de 2009

Os Nosos Venres Musicais (LXII)

Onte, 2 de abril, o cantante estadounidense Marvin Gaye, recordado por temas como “Midnight love” e “Sexual Healing” tería cumplido 70 anos.


Nos seus comezos foi batería dos grupos Smockey Robinson e The Miracles.
Conseguiu moitos éxitos para a Motown nos anos 60 tanto como solista, con temas como “How Sweet it is (to be loved by you”), “I heard it through the Grapevine”, como a dúo con Tammi Terrel co famosísimo “Ain’t no mountain high enough”.

A morte de Tammi, a súa gran musa, marcouno para sempre, e tras unha depresión xurdiu cun estilo moi personal que cambiou a historia do soul e deu lugar a un dos mellores momentos da música do século XX.

De aí saiu “What's Going On”, un álbum no que fusionou o soul con elementos do jazz e da música clásica, sobre a vida, o medio ambiente, a guerra do Vietnam e a supervivencia nos suburbios. Álbum unánimemente considerado como un dos mellores discos de soul da historia e que pronto se convertiría no seu maior éxito.



Máis en:
El País
El Mundo

Agradecemos ao noso AMIGO as súas magníficas suxestións para Os Nosos Venres Musicais, de seguir así haberá que incluilo en nómina...

mércores, 1 de abril de 2009

Lewis Hine e a súa Cruzada Contra o Traballo Infantil

Hoxe traémosvos a figura de Lewis Hine, un fotógrafo, sociólogo e humanista que naceu en Wisconsin en 1874 e que deixou o seu traballo como profesor para dedicarse á fotografía

Hine ve na cámara fotográfica un instrumento para a investigación, para o ensino. Para el a fotografía é un arte.

A comezos do século XX comezou a traballar para o Comité Nacional do Traballo Infantil (National Child Labor Committee) e a partir de aí recorreu o país captando instantáneas de nenos traballando nas rúas, en fábricas... traballo co que conseguiu endurecer as leis contra o traballo dos menores e así mellorar as súas condicións de vida.



Related Posts with Thumbnails