venres, 27 de febreiro de 2009

Os Nosos Venres Musicais (XXXVII)

Cincuenta anos pasaron xa dende aquel fatídico 3 de febreiro en que tres precursores do rock Buddy Holly, Ritchie Valens (autor de La Bamba) e JP 'The Big Bopper' Richardson morreron nun accidente aéreo.

Buddy Holly, logo de romper coa súa banda, comeza unha xira esgotadora. O coche no que viaxaban, bastante destartalado xa, queda sen calefacción nun inverno ben duro o que fai que, a pesar de que lle aterrorizaba voar, merque unha avioneta cuxas condicións tampouco eran moi boas.

Esa avioneta, pilotada por un xoven inexperto, sufre un accidente que lle costou a vida a todos os seus tripulantes, nunha xornada que é coñecida como “O día no que morreu a música

Don McLean escribiría a historia dese fatídico día na súa famosísima American Pie, a súa particular homenaxe a estes tres grandes do Rock, o Padre (Richardson), o Fillo (Holly) e o Espíritu Santo (Valens).


Norman Gimbel e Charles Fox escribiron "Killing me Softly" inspirándose na experiencia de Lori Lieberman tras un concerto de McLean. A canción convertiuse nun enorme éxito para Roberta Flack, anos despois para Fugees e na actualidade é Pitingo o que novamente o leva ás listas de éxito como o seu primeiro tema de Soulería, "Soul a ritmo de bulería" o último traballo deste cantaor de flamenco.

1 comentario:

olga dixo...

Cando tiña...¿15 anos? alguén me regalou o disco de American Pie. Eu, que non son nada anglófila, gustei tanto daquela melodia que aprendín a letra de memoria... sen saber que dicía.
Acabas de contarme a historia.
Grazas, Loly.

Related Posts with Thumbnails