xoves, 26 de febreiro de 2009

A Libraría Lello: A Mellor Libraría do Mundo

Hoxe, e grazas á nosa amiga Rosana que nos fixo chegar unha fermosísima presentación, imos comezar cunha serie de entradas dedicadas a esas librarías e bibliotecas, verdadeiras obras de arte, que hai polo mundo.

Nesta ocasión comezaremos coa Libraría Ernesto Chadron en Porto unha das librarías máis fermosas do mundo que foi restaurada en 1994 polo arquitecto Vasco Morais Soares quen respectou elementos orixinais especialmente a súa marabillosa fachada neogótica. Esta libraría foi refundada como libraría Lello & Irmao en homenaxe aos seus libreiros.

Unha libraría que conta cun extraordinario fondo bibliográfico e distintas seccións merecendo especial mención, polo seu gran valor, a dedicada a fondo antigo, ademáis dunha galería de arte permanente.

Nesta ocasión, a presentación orixinal, e grazas a unha nova ferramenta, o Ispring Converter, conseguimos subila ao Slideboom mantendo a súa música orixinal, o fado "Lisboa menina e moça" cantado por Carlos do Carmo.

Que a disfrutedes!!



Unha marabilla, non si?

Pois aínda non o víchedes todo. Entrade aquí e disfrutaredes dunha visita panorámica virtual no interior desta fantástica libraría.

7 comentarios:

Anónimo dixo...

Que marabilla!. Coa cantidade de veces que eu estiven en Porto e resulta que non a coñezo. A próxima viaxe farei unha parada neste rincón que ten unha pinta ideal.

Chispa dixo...

Si que é bonita, si! E poder vela en 360º está fenomenal.
Creo que eu tamén farei unha parada na próxima viaxe.
Saúdos costureiros ¡!? e agarimoooosos desde a Biblio de Pazos.

Encarna dixo...

Co teu permiso colgarei ese estupendo slideboom no noso blog de biblioteca.
Grazas.
Saúdos de Raioteca.

olga dixo...

Eu coñézoa... Pero non é mérito meu, senon do meu marido. ¡É o que ten estar casada cun amante das librerías! Encantoume volvela ver da man das miñas amigas.

Loly dixo...

Realmente marabillosa. Eu, a primeira vez que a vin foi polas fotografías que a miña compañeira Sabela me amosou. Nese momento pensei que un lugar tan fermoso debería ter unha entrada no blog, e onte chegou Rosana e xurdiu o "chispazo"!!!!

bibliotecadocole dixo...

Acabo de descubrir a librería,e penso aproveitar a próxima viaxe para vela.
Co teu permiso,vou colgar a presentación no noso blog.
Biquiños dende Moaña

Oki dixo...

Si que é bonita, eu vou sempre que visito Porto.
E ademais podedes tomar un café no primeiro andar, arriba das escaleiras centrais e asi disfrutar un ratiño máis, mentres botades unha ollada a algun dos seus libros. É todo un luxo ao alcance de todos.

Related Posts with Thumbnails