domingo, 22 de octubre de 2017

Día da Biblioteca Escolar: "Aprender a Pensar coa Biblioteca Escolar"

Como cada ano, dende hai xa dúas décadas, o vindeiro martes, 24 de novembro, celébrase o "Día da Biblioteca" co obxectivo de concienciar á sociedade da importancia dos libros e a lectura.


En Galicia, dende o ano 2008, preténdese facer visibles as distintas posibilidades que ofrecen as Bibliotecas Escolares a través de un cartel que este ano é obra do extraordinario ilustrador Xosé Tomás  e baixo o lema "Aprender a pensar coa Biblioteca Escolar"


No Segrel, como cada ano, celebraremos este día con distintas actividades.
  
  • 4ºESO: "Pista a Pista - A Viaxe". A través de distintas pistas sobre mitoloxía, xeografía, historia... o alumnado deste nivel educativo realizará unha viaxe por distintos países e cidades de diferentes continentes ata chegar a carón da casa.
  • 3ºESO: "Fake News". É o título da actividade na que o alumnado traballará a lectura crítica da prensa e información á que chega a través das redes sociais.
  • Clubs de Lectura "O Segrel", clubs de alumnado e de nais e pais, onde falaremos de libros e lectura.
  • Participación nas campañas #estoyenlabiblioteca #felicidadesbibliotecas a través do Twitter e o Facebook do Segrel


martes, 30 de mayo de 2017

Roteiro Coruñés



Hoxe, martes 30 de maio, realizamos unha visita á Cidade da Coruña co alumnado de 3ºESO.

Como complemento da visita á RAG e á Casa-Museo de Emilia Pardo Bazán, o alumnado realizou un percorrido previo pola cidade vella da Coruña.

Comezou a andaina no castelo de San Antón, fortaleza defensiva do s. XVI, cárcere e actualmente, museo arqueolóxico. O seguinte punto foi o Xardín de San Carlos, co sepulcro de John Moore onde se leu o poema de Rosalía a el dedicado.

Despois visitamos a praza de Sta. Bárbara, a colexiata de Sta. María e a Praza de Azcárraga (antiga praza da fariña). Tamén lemos uns poemas diante da casa na que viviran Rosalía e Murguía no 1870.

Xa pola tarde, mentres a metade do grupo visitaba a exposición de Urbano Lugrís, a outra metade percorría os Xardíns de Méndez Núñez parándose diante dos monumentos dedicados a Curros Enríquez, Castelao, Pondal, Murguía e Pardo Bazán. En  cada un deles léronse textos dos correspondentes autores, e para rematar este fantástico roteiro pola cidade vella da Coruña, cantamos o mítico tema Imagine, diante do monumento a John Lennon. 
Roteiro Coruñés

 Clicar na imaxe para ir ao álbum

jueves, 18 de mayo de 2017

Carlos Casares no Segrel

O pasado xoves, 18 de maio, O Segrel celebrou o Día das Letras adicado, este ano, á figura de Carlos Casares. E que mellor xeito de achegarnos á figura deste grande das nosas letras que a través da persoa de Ramón Loureiro.
Durante case dúas horas, que se nos fixeron ben curtas, Ramón foi quen de facer posible que sentíramos a Casares ben preto de nós. E a maxia foi posible a través das súas palabras, en moitas ocasións emocionadas, que amosaron a fonda amizade e a grande admiración que Ramón sentía e sente polo escritor, pero sobre todo pola persoa de Casares de quen dixo era "moi bo e xeneroso, unha grande persoa".
O encontro foi presentado por Carlos Ardá e Sabela Seco (3ºESO). E rematamos cunhas fermosas lecturas a cargo de Ramón, que leu un dos artigos de Casares, e de Anxo Cabrero (3ºESO) que leu  "Deus sentado nun sillón" do libro Casares escrito por Ramón e que remata así...
"[...] Casares conseguiu que hoxe siga tendo, ademáis dunha lingua, esperanza.
E eu non sei se haberá mil primaveras, esas mil primaveras que Cuqueiro ansiaba, pero estou convencido de que aínda nos quedarán varias. E de que é, por iso, non por ninguna outra razón, polo que os paxaros cantan."

Graciñas Ramón, por facer posible que a túa emoción tocara o noso corazón.
Encontro Ramón Loureiro

A reportaxe dese encontro tan especial no Segrel (Clicade na foto). 

Caricatura de Casares obra do debuxante Santy Gutiérrez


viernes, 24 de febrero de 2017

Día de Rosalía

Hoxe 24 de Febreiro celebramos o Día de Rosalía dun xeito ben fermoso. 

Propuxémoslle á rapazada da ESO encher as pistas de poesía, durante os dous recreos da mañá. A idea consistiu en facer distintos avións de papel (pasámoslles plantillas de máis de 20 modelos distintos) e copiar nas súas ás versos dalgúns dos seus poemas preferidos de Rosalía.

A nosa proposta non puido ter mellor resposta, a rapazada fixo unha fantástica pescuda de poemas e os recreos enchéronse de risas e poesía. Unha verdadeira festa para celebrar este gran día.

 Día de Rosalía
Clicar na imaxe para ir ao álbum

martes, 31 de enero de 2017

Carreira Solidaria no Día da Paz

O pasado luns 30 de Xaneiro, Día Escolar da Non Violencia e a Paz, celebrouse, na pista de atletismo,  unha Carreira Solidaria a prol da ONG Proactiva Open Arms.
O alumnado de ESO e Bacharelato foi o protagonista desta xornada, pero a súa tarefa comezou a semana anterior coa busca de promotores que se comprometeran a aboar 1€ por cada volta que cada un dos patrocinados dera á pista de atletismo durante o tempo que durase a carreira.
1º e 2º ESO, correu durante o primeiro recreo.
3º, 4º e Bacharelato durante o segundo.
Recadáronse arredor de 1200€!!
A rapazada estaba emocionada, non podía crer que se conseguira tanto en tan pouco tempo!
Agora só queda recoller o recadado e facer o ingreso na conta da ONG.
O noso agradecemento a todos os que apoiáchedes a nosa proposta, corredores, promotores, animadores... conseguímolo grazas a todos vós.

 Carreira Solidaria: Proactiva Open Arms
Clica na imaxe para ir ao álbum


Related Posts with Thumbnails