martes, 17 de febrero de 2009

Candela Cort: Arte e Moda

O Museo do Traxe en Madrid, dende o pasado día 13 ata o 26 de abril, acolle a exposición “El arte de Volar” de Candela Cort, na que esta recoñecedísima sombrereira auna a súa faceta de deseñadora coa de artista.

A artista ten como modelos a personaxes extraidos dalgunhas das obras máis significativas da pintura clásica, renacentista, barroca, moderna, contemporánea... así vemos "As Majas" de Goya, “As Meninas” de Velázquez, “A muller do Armiño” de Leonardo, un retrato do xaponés Utamaro...

Á hora de crear, Candela Cort afirma: “A veces é o persoeiro o que me leva ao tocado, pero a veces é o material o que me leva ao deseño e este ao persoeiro

Referíndose á exposición declarou “Téñome buscado uns clientes marabillosos, que me permitiron unha liberdade absoluta, nin protestaban nin tiñan que ir a ningunha boda. Sentinme moi libre. Voei e poseime sobre as cabezas que máis me teñen gustado” Só houbo unha clienta que se me resistiu. A Gioconda. Hai algo nela que me perturba”.

Busquei o intercambio de épocas, transformando os meus sombreiros en algo clásico e dando aos retratos un toque moderno

A exposición “El arte de volar”, trátase, en palabras da propia artista, de “voar no tempo e integrar en armonía o Renacemento e o século XXI

Unha exposición moi especial que non deixará a ninguén indiferente.


Crédito das imaxes:
Dolce City
Revista de Arte

Entrada dedicada a Antonio Martínez esperando que disculpe a nosa osadía...

Ah, e se queredes pasar un bo rato cunha destas fermosísimas obras de arte entrade aquí

3 comentarios:

Antonio Martínez dijo...

Moitas, moitas grazas. Coñecín este traballo pola televisión. É n traballo que transmite paixón pola arte. Moitas grazas, de novo por tan fermosa entrada.

olga dijo...

¡Cousa bonita!
Grazas, Loly, por este momentiño estético e placenteiro.

O Segrel do Penedo dijo...

Encántanme os sombreiros-nótase non si?- e xa coñecía a obra de Candela Cort, pero este proxecto pareceume unha verdadeira marabilla.
Alégrame que vos gustase.
Bicos

Related Posts with Thumbnails