luns, 25 de abril de 2022

ABRIL, MES DO LIBRO

Na semana do 19 ao 25 de abril celebráronse na biblioteca diversas actividades para celebrar o día do libro:

-         - Exposición de libros de “El Quijote”,  fixemos unha escolma dos que tiñamos na biblioteca e tamén pais e alumnos trouxeron da sú asa algúns exemplares.

-        -  Fraseando “EL Quijote”: trazamos un percorrido polos corredores do IES con frases do libro.

-         - “Adóptame”, adopción de libros expurgados da biblioteca.

-        -  Obradoiro de origami nos recreos: os voluntarios da biblioteca explicaron aos rapaces de 1º ESO como, mediante unha sinxela técnica de origami, facer uns sinxelos marcapáxinas

-        -  Tendal de portadas favoritas dos alumnos: concurso das portadas dos libros favoritos dos alumn@s.

-       -  Concurso de microrrelatos en castelá, galego, inglés e francés,  e os gañadores leron o seu microrrelato o día 25 na biblioteca e expuxéronse no taboleiro do IES.

 Moitas grazas a todos os alumn@os e profesores por participar; sobre todo á compañeira, profesora de castelá Mónica pola súa axuda.








Related Posts with Thumbnails