jueves, 12 de febrero de 2009

O Día de Darwin

No Día de Darwin, fai hoxe 200 anos que naceu, poñémonos en contacto con Walt Andersen, o noso especialista en darwinismo (se queredes saber algo máis del, poñede o seu nome e “teoría evolutiva” en calquera buscador e xa veredes). Pedímoslle ao profesor que nos explique brevemente que pode facer que un home pase de ser considerado isto...

ou aparecer nas botellas de anís.

A ser unha icona da modernidade máis friki...

e aparecer nos billetes.



O profesor prefire contestarnos explicándonos a teoría da evolución cun exemplo especialmente deseñado para O Segrel. Fixádevos nas fotografías a ver se vedes algunha que non pega.








“Correzto”. Fíxáchedesvos na última. Neste blog somos todos uns intelectuais e de nada vale ser guapo, xove e xogar ben ao fútbol. O futuro está nun señor maior con barba. É quen mellor se adapta a este blog!!! Aínda que pareza mentira, será el quen sobreviva e teña máis descendencia (?). A evolución é así: viven mellor os máis adaptados a cada momento e lugar. Se non están adaptados non teñen futuro. Este é un blog de listos así que só teñen futuro os sabios, léase Darwin. (Por certo, esa foto lévavos a un museo.)

Walt Andersen é moi “enrollado” e de despedida déixanos tres regalos relacionados co célebre naturalista:
- Un exemplar do seu libro “A orixe das especies”.
- Un garabato orixinal de Darwin representando a árbore da vida (algo así como unha árbore xenealóxica de todos os seres vivos).
- Un exemplar do libro “A orixe do home”, unha obra algo menos coñecida.


Se facedes “click” enriba de cada un, hai un enlace que afonda no asunto.
Grazas, profesor.

7 comentarios:

Biblioafonso dijo...

Parabéns por tan magnífica, divertida, currada e irónica entrada.

Sira dijo...

Excelente entrada!!!

Loly dijo...

Totalmente de acordo con Sira e Biblioafonso. Fantástica entrada!!.
Mmmmm, e por que será que hoxe, pasado o 11 de febreiro, gústame moito iso de "o futuro está nun señor maior"...???

Antonio Rivera dijo...

Moitas grazas a todos por estes e anteriores comentarios. A verdade é que os leo sempre (alimentando a miña vanidade)e nunca os contesto (aínda que despois visito os vosos blogs anónima e silenciosamente porque sodes fonte de ánimo e inspiración).

Marina dijo...

Fantástica entrada, ¿quen dicía que non se podían explicar as cousas científicas dunha forma divertida e veraz?.

Chispa dijo...

Bo traballo! Ha, ha, ha! Mi bo traballo!
Bicos darwinianos desde a Biblio do CEIP de Pazos.

olga dijo...

¡Que farta de rir!
Uns momentos cheos de humor, cheo de intelixencia, chea de sabiduría...

Related Posts with Thumbnails