luns, 26 de setembro de 2022

CARNETS VOLUNTARIAS BIBLIOTECA

 Xa temos os carnets para as voluntarias da nosa biblioteca que son de 1º ESO: Valeria e Ángela, de 2º ESO: Sofía e Laura e de 4ª ESO: Helena e Paula. Moitas grazas rapazas!!


domingo, 25 de setembro de 2022

26 DE SETEMBRO, DÍA DA LINGUAS

 Cos rapaces de 1º ESO, no Proxecto Competencial, fixemos un mural coa palabra biblioteca escrita en diferentes linguas.




   

xoves, 15 de setembro de 2022

contandoCIENCIA

O xoves 22 de setembro volve o ciclo de charlas de divulgación científica "contandoCIENCIA" organizado pola biblioteca do IES Fene e coa colaboración do Concello de Fene.

A información aparecerá publicada en Fene cidadán, na web do IES Fene e no twitter de @contandoCIENCIA é tamén nos diferentes medios de comunicación.

Se clicades en programa do II ciclo contandoCIENCIA veredes o programa completo.

Este é o cartel das primeiras catro charlas:



Related Posts with Thumbnails