martes, 27 de novembro de 2018

Non á Violencia Machista

Hoxe, a comunidade educativa do IES de Fene vestímonos de negro para dicir ben alto e forte "Non Á Violencia Machista".

Durante toda a xornada lectiva, os distintos grupos de ESO, Bacharelato, FP e ESA xunto co seu profesorado visitaron a exposición de literatura e cine contra a violencia machista e amosaron o seu rexeitamento a esta terrible lacra social que anos tras ano nos deixa uns datos arrepiantes:
 
45 mulleres asasinadas no que vai deste ano (2018)

973 mulleres asasinadas dende 2003.
27 menores asasinados dende 2013.
228 orf@s dende 2013.

Ao longo desta semana nas distintas materias traballouse en diferentes proxectos como:

O alumnado hiperbárico de CM de FP, coa colaboración do alumnado de FP Básica, elaborou un mural de bolboretas en recordo das 45 mulleres asasinadas no que vai de ano. 

O alumnado de 3ºESO, 4º ESO e Bacharelato está a debater, na materia de Inglés, sobre os "micromachismos"

Ao remate da xornada alumnado e profesorado saímos ao patio para dicir NIN UNHA MENOS!

https://photos.app.goo.gl/oeCpEzynq78uevox7
Clica na Imaxe para ir ao Álbum
Related Posts with Thumbnails