martes, 17 de febreiro de 2009

III Premio Espiral Edublog

A Asociación Espiral, Educación y Tecnología ven de convocar o III Premio de Edublogs 2009.

Un premio que pretende valorar a importancia e repercusión dos blogs na educación, como ferramenta didáctica para o desenvolvemento de contidos curriculares e motivación do alumnado, recoñecer o traballo de moitos profesores e profesoras na rede demostrando a súa utilidade pedagóxica, servir de escaparate motivador dunha corrente educativa dentro da blogosfera, que axuda á xeneralización do uso das TICs na aula, así como favorecer cauces de opinión e debate sobre a necesidade de avanzar no uso dos blogs no entorno educativo.

Son cinco as distintas categorías ás que se pode obtar:
  • Blogs de profesoras e profesores.
  • Blogs colectivos de profesoras e profesores.
  • Blogs de centros educativos.
  • Blogs de aula.
  • Asesoramento, formación e asociacións educativas.
A presentación de candidaturas poderá facerse ata o 3 de abril de 2009. Unhas candidaturas que poden ser valoradas por outros lectores mediante os comentarios en cada artigo ou proposta. Comentarios e valoracións que serán tidos en conta polo xurado que publicará os finalistas o 18 de abril de 2009 e os resultados finais o 2 de maio de 2009.

Dende O Segrel do Penedo queremos animar aos magníficos profesionais ao fronte dos blogs das Bibliotecas Escolares Galegas, nas súas distintas modalidades, de centro, de aula, de asesoramento... a que presenten os seus blogs e nos sigan a facer visibles, sigan a pregonar o bo facer das Bibes Galegas.


Ánimo compañeiros/as, este ano A POLA BUXAINA DOURADA !!!!!

Blogues presentados

Ningún comentario:

Related Posts with Thumbnails