sábado, 7 de febreiro de 2009

Novas Ferramentas (III) !!

Hoxe presentámosvos Embedr unha nova ferramenta coa que poder crear unha lista con todos os nosos vídeos de creación propia, ou cos nosos vídeos favoritos. É un servizo gratuito no que só hai que rexistrarse e xa podemos comezar a crear a nosa lista á que lle podemos poñer título, engadir unha pequena descripción, etiquetas que nos faciliten a súa recuperación e por suposto o noso toque persoal modificándolle a cor, o formato... Aquí tedes un exemplo cos vídeos de Radio Barullo


Vía Educación Tecnológica

3 comentarios:

Antonio Martínez dixo...

Xa vos parecedes ao Mago da Nosa Biblioteca...

Anónimo dixo...

Iso mesmo que acaba de dicir Antonio íao dicir eu pero cheguei un pouco tarde... a verdade é que estades que vos saídes.

Loly dixo...

Xa vos comentamos en máis dunha ocasión que o profe sacou o "friqui" que hai en nós, que lle imos facer... Encántanos a Web 2.0 e as súas enormes posibilidades. Como di o Mago, todo é cuestión de descubrir, probar, ver posibilidades... e aí andamos, disfrutando cos novos achádegos!!!!!
Bicos para os dous.

Related Posts with Thumbnails