sábado, 28 de febrero de 2009

A Máis Marabillosa Viaxe. A Viaxe Cara á Vida

Hoxe, estamos segurísimos que moitos de vós sorprenderédesvos ao comprobar de que viaxe estamos a falar.

É unha viaxe que todos fixemos, algúns hai máis tempo que outros, pero do que ningún de nós gardamos recordo algún, pero agora, e grazas ao National Geographic podemos admirar e non deixar de sorprendernos, mesmo ata emocionarnos ao poder contemplar como se desenvolve un feto no útero materno ao longo dos nove meses dun embarazo.

Preparádevos, aquí tedes once vídeos cos que non perderedes detalle ningún dunha das máis, senón a máis marabillosa viaxe, a viaxe cara á vida...



Máis Vídeos do National Geographic

2 comentarios:

Marina dijo...

Eu o que recordo con moito cariño e de forma moi especial foi a evolución tan fantástica do meu corpo cando estaba embarazada dos meus fillos, foi unha viaxe preciosa con momentos especiais que só son meus e inexplicables pero forman parte dese recordo tan especial da vida...
Visto así nos videos todavía parece máis fermosa esa sensación.

olga dijo...

Aquel cambiar do corpo, como di Marina, foi precioso.
Eu tamén lembro cun brillo especial o parto: non poderei explicalo con palabras... pero foi máxico.

Related Posts with Thumbnails