miércoles, 31 de diciembre de 2008

"IF" By Ruyard Kipling


Un fermoso poema que invita á reflexión.

Un plantexamento de vida que non estaría mal que mantivéramos como o noso principal obxectivo a acadar no ano que está a piques de comezar. Non estaría mal, non...!!!


FELIZ 2009 !!!

martes, 30 de diciembre de 2008

O Noso 2008 en Imaxes !!!

E como íamos rematar o ano sen facer memoria de todo o que nos ten acontecido?

Que non foi pouco... O que deron de si estes meses!!

Deixámosvos algunhas imaxes do que supuxo para nós este ano.


Un ano de moito traballo, de moitos proxectos, de moitas ilusións, dalgún soño cumplido e de moitos por cumplir.

Un ano no que aprendemos moitísimo e no que somos conscientes de todo o que nos queda por aprender.

Un ano no que fixemos novas amizades e no que os amigos de sempre non deixaron de estar aí.

Un ano que tanto temos que agradecer a tantos amigos e compañeiros que fixeron que a nosa andaina fora sempre moito máis doada e estivera chea de ledicia.

Grazas a todas e todos por axudar a que este, o noso traballo, continue a ser unha das nosas paixóns!!

O 2008 en Imaxes !!

A piques de rematar o ano, deixámosvos unha selección en imaxes do que foi o 2008 feita pola sección "The Big Picture" de "The Bostom Globe".

Un ano que deberíamos lembrar aínda que nada máis fose para non volver a cometer as mesmas atrocidades que están a acontecer polo mundo.



POR UN MUNDO MÁIS XUSTO E SOLIDARIO !!

POR UN MUNDO MELLOR !!


Ver tamén selección de:
Reuters

lunes, 29 de diciembre de 2008

Publicidade

Selección de dez dos mellores anuncios publicitarios dos últimos tempos, e como non, coca-cola e algún de automóviles están entre eles.



viernes, 26 de diciembre de 2008

Os Nosos Venres Musicais (XXVIII)

Esta semana, e como non podía ser menos, a nosa selección musical ten que ver coa época na que estamos, así que deixámosvos aquí algunhas das cancións máis universais cantadas por tres das mellores voces de todos os tempos.


SILENT NIGHT

FELIZ NAVIDAD

HAPPY CHRITSMAS / WAR IS OVER

miércoles, 24 de diciembre de 2008

Mochilas Viaxeiras en Ruta !!

As nosas Mochilas Viaxeiras emprenderon a súa primeira viaxe neste curso.














Unha viaxe cara a portos onde desexamos as familias atopen ese tempo propicio para as lecturas compartidas, as conversas, as risas... Ese tempo, ás veces tan escaso, pero que non debemos deixar escapar.

Ese tempo para lle adicar a ese poema que nos emocionará ata as bagoas, a esa novela que nos terá pegados ao sillón ata rematala e cando esteamos a piques de chegar ao final non quereremos que termine, a esa película que nos fará rir a gargalladas, a esa fermosísima canción que nos traerá inesquecibles recordos... ese tempo marabilloso que non esqueceremos xamáis, un tempo para disfrutar cos nosos.

Ese é o noso obxectivo, propiciar tempos para compartir, tempos para vivir e ser felices.

martes, 23 de diciembre de 2008

lunes, 22 de diciembre de 2008

Os Nosos Mellores Desexos !!

Dende "O Segrel do Penedo" queremos desexar a todos os nosos amigos e amigas e a todos os nosos visitantes ...

MOITA SAÚDE,
BOÍSIMAS LECTURAS,
MELLORES AMIZADES,
MOITÍSIMO AMOR,
MOMENTOS INESQUECIBLES,
E TODA A FELICIDADE DO MUNDO!!!



Create Your Own

sábado, 20 de diciembre de 2008

Aviso

Acabo de saber cun idiota lle mandou a Papá Noel e aos Reis Magos a foto que acompaña esta entrada. O resultado é que eses catro están pensando en regalarnos algo de tempo para que llo dediquemos aos demais. Aviso, como non me traigan o reprodutor mp4 para os vídeos que non terei tempo de ver, a videoconsola cos xogos que non chegarei a dominar, os libros que non lerei, a cámara dixital que non aproveitarei, o kit de ferramentas que non usarei, o GPS que non me fai falta, o cheque-regalo que non saberei en que gastar e o pantalón especial para travesías de alta montaña en climas extremos que non me serve para nada...aviso, dicía, aquí vai haber máis que palabras!!!






viernes, 19 de diciembre de 2008

Os Nosos Venres Musicais (XXVII)

Nas vindeiras semanas celebrarase o 50 aniversario da fundación da compañía de discos Motow. Segundo a Wikipedia Motown Records, tamén coñecida como Tamla-Motown, é una discográfica estadounidense especialmente dedicada á música negra. Orixinalmente fundouse en Detroit (coñecida como «Motor City», a cidade do motor, de aí “Mot”, raíz de motor, e “town”, que significa pobo/cidade), e desde entón xogou un papel fundamental na difusión da música popular estadounidense, tendo repercusión na maioría dos estilos actuais. Foi creada o 12 de xaneiro de 1959 por Berry Gordy, baixo o nome de Tamla Records, momento a partir do cal a súa difusión foi tal que abarcou a 45 selos musicais distintos. A década dos sesenta supuxo o cénit da discográfica, chegando a conseguir o seu propio son “Motown Sound”, que a distinguiría do resto e faríaa xa que logo única.

Pois ben, para celebrar os 50 anos da fundación celebrouse un concurso público para escoller a mellor canción da discográfica, resultando gañadora a coñecida “My girl” de The Temptations.

The Temptations (Detroit,1961), grupo de música soul, rhythm and blues e pop, aínda que se achegaron igualmente a distintas fusións de estilos musicais e ao funk con certa carga política. Foi o máis importante grupo vocal masculino dos anos sesenta. En 1965 presentaron a que sería a súa canción máis coñecida, "My Girl", un número un do pop.


Agradecemos ao blogue amigo Iniciarte esta entrada que elaborou pensando nos nosos Venres Musicais.

E eu me pregunto, alguén ten seguidores tan fantásticos?

Isto é o que ten a AMIZADE !!!

miércoles, 17 de diciembre de 2008

Os Clubs de Lectura de "O Segrel"

O pasado mes de outubro comezamos as nosas sesións do club de lectura tanto de rapaces e rapazas como de pais e nais.

En ámbolos dous fixemos a nosa selección de títulos na primeira reunión, pero no de pais e nais, a triloxía de Larsson fíxonos modificar esa primera elección. Gustounos tanto "Los hombres que no amaban a las mujeres" que non dubidamos en elixir a segunda parte "La chica que soñaba con una cerilla y un bidón de gasolina" como lectura para este Nadal.

Cos rapaces xa lemos "El asesinato de la profesora de lengua" e "A noite d'O Risón", para a volta de Nadal o libro elixido foi "Cazaría Salvaxe"


Como novidade, este curso decidimos que en cada sesión do club, un de nós faría a súa proposta de lectura ao resto. Sería a proposta desa lectura que máis nos gustou e que o resto do grupo non debería perderse. Temos que dicir que está a ser todo un éxito.

Na primeira sesión dos rapaces, Xano trouxo un libro de lendas da zona de Ferrolterra "De Lenda en Lenda" e tras a primeira lenda seguiu a segunda, a terceira e ata a cuarta. Encantoulles este libro, tanto foi así que na segunda sesión do club, Laura trouxo o seu exemplar, tamén o tiña na casa, e limos algunhas lendas máis.

No club de pais e nais a primeira lectura fíxoa Maribel que nos leeu un fermoso poema, pero quen nos emocionou de verdade foi Mariola, a nosa poetisa.

Mariola naceu nunha pequena aldea e aos sete anos trouxéronna para Fene, ou como ela di, "arrincáronme do carón dos meus avós", e desa terrible experiencia ela escribiu un fermosísimo poema. A súa sentida lectura fíxonos chorar, e pedímoslle que seguira lendo, e o seu segundo poema falaba de violencia, da violencia de xénero.

Mariola, é un verdadeiro pracer escoitarte ler os teus fermosos poemas.

Canto disfrutamos destas lecturas compartidas!!

Antón Castro e a Tradición Oral

O pasado día 2, e seguindo cos nosos obradoiros sobre Tradición Oral, puidemos disfrutar da visita ao noso centro de Antón Castro.

Antón, mestre de Audición Musical e un dos membros do histórico Fuxan os Ventos, onde mesmo canta que toca a gaita, a flauta, a zanfona... home preocupado pola recuperación das nosas tradicións e a nosa cultura, pero sobre todo moi implicado na súa conservación e transmisión desenvolveu dous obradoiros, un con alumnado de 1º e 2º de ESO, e outro con profesorado e alumnado de adultos.

Foi unha tarde na que non só falamos e aprendemos moito sobre oralidade, senón que tamén rimos e disfrutamos moitísimo co humor e o bo facer deste grandísimo artista.



Pero se queredes ver parte do que aconteceu na biblioteca de "O Segrel", acomodádevos ven, entrade en Radio Barullo e preparádevos a pasar un rato onde a risa será a principal protagonista.

martes, 16 de diciembre de 2008

domingo, 14 de diciembre de 2008

Suxestións de Lectura para o Nadal

As nosas suxestións de lectura para este Nadal son marabillosos álbumes ilustrados, libros de arte e artistas e cómics que esperamos vos fagan disfrutar do pracer da lectura.



Pero ademáis non deixedes de visitar o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares, onde atoparedes as Lecturas Recomendadas para Nadal de moitas das nosas Bibliotecas Escolares Galegas.

E para acompañar estas suxestións deixovos este fermoso corto "A Cidade dos Libros" que coñecimos vía
BlogFesquio un dos nosos blogues amigos.


sábado, 13 de diciembre de 2008

60 Anos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos

60 ANOS DA DUDH


CARTA UNIVERSAL DOS DDHH

E despois de 60 anos de Dereitos Humanos...
  • 1 de cada 3 xoves está a favor da pena de morte !
  • Según a FAO, 963 millóns de persoas pasan fame no mundo !
  • Cada segundo, 5 nenas están a ser mutiladas no mundo !
  • 300 millóns de nenos están a ser explotados no mundo !
  • A prostitución é a terceira industria ilegal no mundo !
  • Arredor de 300.000 nenos están a ser reclutados nos distintos conflitos armados no mundo !
  • En distintos países de Asia, África e Oriente Medio, as mulleres acusadas de adulterio están a sofrir a lapidación !
  • As mulleres e os nenos son as principais vítimas da violación dos DDHH !
QUE NINGUÉN CHE ARREBATE OS TEUS DEREITOS!!!

Máis información en:

viernes, 12 de diciembre de 2008

Dereitos Humanos (VII)

26. DEREITO Á EDUCACIÓN

27. DEREITOS DE AUTOR

28. DEREITO A UN MUNDO XUSTO E LIBRE

29. RESPONSABILIDADE

30. NINGUÉN PODE ARREBATARCHE OS TEUS DEREITOS

jueves, 11 de diciembre de 2008

Dereitos Humanos (VI)

22. DEREITO Á SEGURIDADE SOCIAL

23. DEREITO DOS TRABALLADORES

24. DEREITO A XOGAR

25. DEREITO A TER ALIMENTO E VIVENDA

miércoles, 10 de diciembre de 2008

Dereitos Humanos (V)

18. LIBERDADE DE PENSAMENTO

19. LIBERDADE DE EXPRESIÓN

20. DEREITO DE REUNIÓN

21. DEREITO Á DEMOCRACIA

martes, 9 de diciembre de 2008

Dereitos Humanos (IV)

14. DEREITO DE ASILO

15. DEREITO A TER UNHA NACIONALIDADE

16. DEREITO AO MATRIMONIO E A FAMILIA

17. DEREITO Á PROPIEDADE

lunes, 8 de diciembre de 2008

Dereitos Humanos (III)

10. DEREITO A UN XUIZO

11. ES INOCENTE MENTRES NON SE DEMOSTRE O CONTRARIO

12. DEREITO Á INTIMIDADE

13. DEREITO A TRANSITAR LIBREMENTE

domingo, 7 de diciembre de 2008

Dereitos Humanos (II)

5. NINGUÉN PODE SER TORTURADO

6. TES DEREITOS ONDE QUEIRAS QUE ESTÉS

7. TODOS SOMOS IGUAIS ANTE A LEI

8. NINGUÉN PODE SER DETIDO INXUSTIFICADAMENTE

sábado, 6 de diciembre de 2008

Dereitos Humanos (I)

1. TODOS SOMOS LIBRES E IGUAIS

2.DEREITO A NON SER DISCRIMINADO


3. DEREITO Á VIDA


4. NINGUÉN PODE SER ESCRAVIZADO

viernes, 5 de diciembre de 2008

Os Nosos Venres Musicais (XXVI)

BRUCE SPRINGSTEEN - "STREETS OF PHILADELPHIA"

BOB DYLAN - "HURRICANE"

LLUIS LLACH - "EL CANT DELS OCELLS"

miércoles, 3 de diciembre de 2008

"Violence Against Women" - Yes, We Can !!

En "O Segrel", na nosa loita "Contra a Violencia de Xénero", dedicamos toda a semana a levar a cabo distintas actividades nas que participaron dende os máis pequenos, os de 1º de ESO, ata os de 2º de Bacharelato.

Si, os de 2º tamén. Yes, We Can!!

Nesta ocasión traballamos cos textos, cancións e videos que durante esta semana foron publicados en algúns dos blogues das nosas Bibliotecas Escolares:

... In Memorian (Milladoiro-Malpica)
Un Conto Triste (Mesturas)
Videos Musicais (Mesturas / O Segrel do Penedo)
Videos (Trafegando / Isaac Peral & O Segrel do Penedo )

Acaso, nas orientacións xerais de Inglés, a CIUG non di que... "os textos deben ter relación coa arte, a historia, a literatura, a política, a economía, a vida social e cultural dos países de fala inglesa etc., co fin de integrar o estudo da lingua no contexto socio-cultural deses países. O alumnado ten que familiarizarse con diferentes niveis da lingua inglesa: culto, formal, familiar etc., sen entrar no estudo de rexistros especializados"

Estas actividades non se saen para nada destas "orientacións"...!!!!




Pero esto non foi todo, o día 25N tamén realizamos a actividade "Música e Poesía Contra a Violencia de Xénero"

Alumnado de 1º e 2º de ESO acompañados por Tamara Santamariña Sanmartín de 1º de Bacharelato e o seu acordeón, leron poemas, entre outros, de Medos Romero, Carlos Solla, Kiko Neves... Podedes velo en Radio Barullo.

martes, 2 de diciembre de 2008

lunes, 1 de diciembre de 2008

Información = Prevención

Según a OMS, dende a aparición do SIDA:
  • Máis de 25 millóns de mortos.

  • Máis de 40 millóns de personas afectadas.

  • Arredor de 5 millóns de novos casos.

  • O grupo de idade entre os 15 e os 44 é o que máis casos rexistra

  • Cada día prodúcense 7.500 novas infeccións.

INFORMACIÓN = PREVENCIÓN

"BED OF ROSES" - BON JOVI

"Bed of Roses" pertence ao álbum "Keep the Faith", un dos máis vendidos da banda. O tema foi escrito por Bon Jovi en homenaxe a un amigo morto vítima do SIDA.

Día Mundial Contra a SIDA: Prevención !!





PREVENCIÓN


TI, XA SABES COMO...

FAINO!!!!







25 ANOS DE SIDA




CAMPAÑA CONTRA A SIDA 2007

domingo, 30 de noviembre de 2008

Reading / lectura

Hoxe, e grazas ao noso profe Antonio, vimos de aprender un dos moitísimos entresijos de Flickr.

Non vos parecen preciosas estas fotos que aparecen baixo a etiqueta "reading / lectura"?.

Logo non deixedes de ver a súa entrada "Books / libros / livros", FANTÁSTICA!!!

Con todas elas, poñeremos en práctica a proposta que Conchita fai no seu comentario a ese magnífico post de ANB. No día do libro porxectarémolas ininterrumpidamente no noso centro.

Como dí Montse isto é "Unha rede chea de ideas e de persoas que as lanzan á auga"

Bendita Web2.0 e quen nos achega a ela!!!



Created with Admarket's flickrSLiDR.
Vía A Nosa Boa Inspiración

sábado, 29 de noviembre de 2008

Crónica do "Acto" (I)

O pasado luns, tivo lugar en Bertamiráns, na biblioteca escolar do CEIP Bispo Guerra Campos, a sinatura da addenda 2008 ao convenio para a mellora das bibliotecas escolares, entre o MEC e a Consellería de Educación, por parte de Sra. Ministra e a Sra. Conselleira.
Ao acto, entre outras persoas, fomos invitados os responsables de Bibliotecas Escolares.
Esta é a crónica regueifeira que fixemos dese acto.

Hoxe en Bertamiráns
Ministra e Conselleira
nun "fermoso" acto estiveron
que sellaron cunha aperta.

Non esquezades a data (24N)
hoxe é día de alboroto,
hoxe é día de ledicia,
hoxe ela confirmouno!!!

A Sr. Conselleira
ante a Ministra afirmou
que no próximo ROC
con tempo alí estamos nós.

So temos que esperar
pídenos ela máis tempo
tempo é o que nós pedimos
seique todos o teremos.

E aquí remata a historia
dunha xornada festiva
o que queira saber máis
terá que esperar un día... (ou dous!!)

Para ler a crónica completa...

Milladoiro - Crónica do "Acto" (II)
Bibliobóveda - Crónica do "Acto" (III)

viernes, 28 de noviembre de 2008

Os Nosos Venres Musicais (XXV)

"Y EN TU VENTANA" - ANDY Y LUCAS

"EL FINAL DE LA CUENTA ATRÁS" - EL CHOJÍN

"WHEN YOU LOVE SOMEONE" - BRYAN ADAMS

"WOMAN'S WORTH" - ALICIA KEYS


A NOSA PEQUENA HOMENAXE A TODAS ESAS MULLERES QUE ESTÁN A SUFRIR ESTA TERRIBLE LACRA DA NOSA SOCIEDADE DO SÉCULO XXI, PARA QUE PODAN SER QUEN DE DICIR "BASTA XA!!"

jueves, 27 de noviembre de 2008

"O Segrel do Penedo" en Radio Fusión

Onte, 26 de novembro, O Segrel do Penedo foi invitado por Radio Fusión, a nosa radio local, a falar sobre Bibliotecas Escolares.

Se queredes escoitar a entrevista completa só tedes que entrar en Radio Barullo, a nosa Radio Escolar.


Chegamos ás 10.50 á Casa do Concello e todo hai que dicilo, estábamos unha miaxiña nervosos. Non é este o medio onde soemos desenvolvernos, pero grazas a Almudena Marcos, unha grandísima profesional, sentímonos tan a gusto que, como xa ela nos comentara antes de comezar a entrevista, esquecimos completamente que estabamos ante un micrófono.

Durante case media hora falamos do modelo de biblioteca escolar, do papel que as bibliotecas escolares están a desenvolver nos centros de ensino, da labor dos coordinadores e dos equipos de apoio, da Asesoría de Bibliotecas, do Plambe, da Hora de ler, dos Clubs de lectura, das Mochilas viaxeiras, de Agabel... e tamén, como non, das necesidades que teñen as nosas Bibes. Como íamos deixar de falar do que tanto nos preocupa?

E falando de bibliotecas non podíamos esquecer o fomento da lectura, o importantísimo papel da familia na adquisición do hábito lector... e por suposto a visita da Ministra a Galicia para a sinatura da addenda 2008 ao convenio para a mellora das bibliotecas escolares, acto no que tamén estivo presente o IES de Fene.

miércoles, 26 de noviembre de 2008

Poesía Visual "Contra a Violencia de Xénero"

Vía Trafefando Ronseis


"La poesia visual no és dibuix, ni pintura, és un servei a la comunicació"

Estas obras, do álbum de Eduardo Barbero, presentáronse ao concurso de Poesía Visual “Contra a Violencia de Xénero” convocado por BlogsFcom do proxecto Escenarte.

martes, 25 de noviembre de 2008

25N: Contra a Violencia de Xénero (II)

"Ela" In Memoriam
El morreu hai trinta anos.
A ela enterrárona estes días: morreu de vella.
El era un home sociable e ben relacionado.
Ela non poñía o pé fóra de cen metros arredor da casa.
El baixaba á vila tódolos días.
Ela non ía nin ós enterros.
El era violento e agresivo e mallaba nela día si e día tamén.
Ela era traballadora, simpática e dulce.
El levantaba a man e o que lle cadrara.
Ela sempre levaba caramelos no peto cos que convidaba ós nenos que lle pasaban pola porta.
El viviu protexido por un muro de silencio.
Ela viviu presa tras do mesmo muro.
A morte del só a liberou das tundas.
O muro caeu o día do enterro. Dela

Novembro de 2008
Vía Milladoiro



Hoxe, como ven acontecendo dende que saímos á blogosfera, as Bibliotecas Escolares Galegas unímonos en prol dos Dereitos Humanos para decir NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO.

BASTA XA!!
Non máis mulleres mortas, humilladas, amedrentadas, asoballadas, avergonzadas, sometidas, apaleadas, encarceladas nas súas propias casas
presas do horror e do medo vítimas da persoa á que un día amaron e que, tal vez... as amou algunha vez?
Non máis muros, non máis silencios... NON MÁIS "ELAS"

25N: Contra a Violencia de Xénero (I)

BASTA XA !!

NON Á VIOLENCIA !!

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO!!

Os blogues das Bibliotecas Escolares Galegas únense para dicir ATA CANDO?.

Estes son algúns dos que non debedes deixar de visitar:

Trafegando Ronseis

Mesturas

BiblioArzúa

Iniciarte

Bemilladoiro

BlogFesquío

Raioteca

Bibliospazos

Biblioboveda

lunes, 24 de noviembre de 2008

As Nosas Suxestións "Contra a Violencia de Xénero"

Preme na imaxe para ampliala
Emilia Pardo Bazán: "El Indulto" (1883)

Suxestións "Contra a Violencia de Xénero"
Música


Hoxe, 24 de novembro de 2008, en pleno século XXI,
xa van 67 mulleres asasinadas a mans da súa parella....

ATA CANDO ?

sábado, 22 de noviembre de 2008

Regueifando en "O Segrel"

Son estas “coñas plamberas”
as xuntanzas e cocidos
as que xunto ás bibliotecas
nos reunen cos AMIG@S.

E despois do obradoiro

que fixemos no Segrel
as regueifas compañeiros
dánsenos bastante ben.

Uns cantos dias practicando
e poñendolle interés
seremos profesionais
antes de que pase un mes.

Animádevos plambeiros
non o podedes perder
pois na próxima xuntanza
un libreto ides a ter.

Pero mentres o libreto
non nos chega dende a imprenta
aqui vos deixo un Issuu
para o que practicar queira.

Preparádevos plambeiros
ide practicando ben
que a gaita de
Sabela
non admite "amateurs".

As Regueifas "Unidade Didáctica"

Para aqueles que aínda
non son quen de regueifar
aqui deixo esta unidade
que seguro axudará.

Sabede que nas Regueifas
se algo non hai que olvidar
xunto co ritmo e a ritma
son as gañas de amolar

As verdadeiras Regueifas

non che son moi “flower power”
preguntádelle a Nautilus
que Regueifar moi ben sabe.

Se queres ben regueifar
debes ter algo presente
só os versos pares riman
e nos outros nin o intentes.

E falando de Regueifas
outra cousiña ben clara
o ritmo é importante
se queres moi ben cantala

Tiro riro riro riro
tiro riro riro raro
tiro riro riro riro
tiro riro riro raro

E se isto non abonda
para regueifar moi ben
entra en Radio Barullo
e o verás no You Tubé

Agradecemento @s "Regueifeir@s"

Nautilus, Mesturas, Chispa,
Andrade, Mik e Aurora,
Escola Unitaria, Beni,
Toñito, Marina e Mónica,


A Bibliotecadocole,
Loly tamen O Segrel

vaia festa que montaron

Regueifando, e moi ben!!

Máis vós sodes unha parte
dos que aquí xa colaboran
uns escribides regueifas
outros cantan e ata choran

Pero non vos asustedes
cando eu falo de chorar
e que aqueles que nos len
de rir non poden parar

Benqueridos regueiferos
para isto agradecer
berrarei ben alto e forte
coma vós non hai ninguén!!”

jueves, 20 de noviembre de 2008

Os Nosos Venres Musicais (XXIV)

AMISTADES PELIGROSAS: "QUÍTAME ESE VELO"


SHANIA TWAIN: "BLACK EYES, BLUE TEARS"

AMARAL: "SALIR CORRIENDO"


ISMAEL SERRANO: "CAPERUCITA"

BASTA XA!!
MÁIS DE 60 VÍTIMAS NO QUE VAI DE ANO. ATA CANDO?

Os Dereitos d@s Nen@s




Algunhas ligazóns de interese:

Defensor do Menor

ACPI

Protégelos

Intermón Oxfam

Declaración Dereitos dos Nenos

Derechos de los Niños

viernes, 14 de noviembre de 2008

As Regueifas en "Radio Barullo"

Hoxe, e dentro do programa de actividades sobre a Literatura de Tradición Oral, temos en Radio Barullo a dous dos mellores regueifeiros do panorama cultural de Galicia, Benito Lobariñas e Josiño da Teixeira.

Por fin xa estamos a Venres
un día moi musical
pola semana que estamos
imos todos regueifar!!


Imos todos regueifar
vaia coa papeleta
esto seique me enganchou
tanto como a biblioteca!!



“O NAUTILUS E O SEGREL”
O Nautilus e O Segrel
disque xa che son parella
eu non o podo crer
eles son xente moi seria.

E se son xente moi seria
que terá iso que ver
para ser unha parella
teñense que ben querer.

Se o de quererse ben
é o que estes necesitan
eu diso podo dar fé
polo moito que se bican.

Polo moito que se bican
non irán cambiar de estado?
O amor seique non dura
toda vez que tes casado

Pero logo que parella
é da que estás ti a falar?
Eu falei dunha parella
que lles gusta regueifar!

Se lles gusta regueifar
deberán ir practicando
os Plambeiros quererán
a estes dous xa actuando.

A estes dous eu actuando
mira que me custa ver
porque disque esta parella
iso non o levan ben…

martes, 11 de noviembre de 2008

"O Xordo e O Caco" en O Segrel do Penedo

Hoxe, no IES de Fene, alumnado de 3º e 4º de ESO e de Adultos, profesorado e unha nai (non viñeron máis...) disfrutamos de dous fantásticos obradoiros con Benito Lobariñas e Josiño da Teixeira, ou o que é o mesmo con "O Xordo e o Caco", dous excelentes regueifeiros que fixeron posible que as musas andiveran por O Segrel do Penedo facendo das súas.

Dende as catro e media da tarde ata as oito da noite (que rápido pasou o tempo!) sairon regueifas que falaban de profes, rapaces, de Fene, a favor e en contra do botellón e ata nos presentamos regueifando.

Cantas risas, canta diversión e canto nos aprenderon. Faláronnos do pasado o presente e o futuro da Regueifa, da súa estrutura, dos distintos tipos de Regueifa... Saímos con moitísimas ideas... concursos, unidades didácticas e volvemos á casa sen deixar de regueifar.

E para que vexades que vimos coa lección moi ben aprendida, aquí vos deixo unha Regueifa que fala, como non, da nosa teima "AS BIBLIOTECAS ESCOLARES" e que espero vos inspire e vos anime a continuala, sería todo un detalle pola vosa parte...

Ánimo compas, que estamos na Semana da Literatura de Tradición Oral!!!

REGUEIFA DAS BIBES

O Benito e o Josiño
se lles faia a inspiración
falarán de bibliotecas
ai teñen un bo filón.

Regueifando as bibliotecas
lembrarán as direccións
non esqueceran aos claustros
veredes canta tensión.

Esta tensión da que falo
a causa a administración
o traballo que facemos
non nos recoñecen non.

Antes dicían "coordina"
seique agora "dinamiza"
se aparecemos no ROC
será pa axudar na misa.

E aquí deixo esta Regueifa
non a quero rematar
os compas das outras "Bibes"
teranna que continuar...


Deixovos unha mini-reportaxe de parte do que aconteceu en "O Segrel do Penedo"



Pero como podedes imaxinar, aquí non remata esta fantástica xornada...
O vindeiro venres, Benito Lobariñas e Josiño da Teixeira en Radio Barullo!!!

E ademáis... Programa de Actividades sobre a Literatura de Tradición Oral
Martes 11 de novembro: Regueifando con "O Xordo e O Caco"
Martes 02 de decembro: Tradición oral con "Antón Castro"
Martes 09 de decembro: Lendas con "Antonio Reigosa"

Non vos parece un programa fantástico para reivindicar a forza da oralidade?

Related Posts with Thumbnails