Amosando publicacións coa etiqueta Gaza. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Gaza. Amosar todas as publicacións

venres, 26 de xuño de 2009

Dende A Rúa: Un Sacapenas Moi Especial !!


Onte recibimos un "Sacapenas" moi especial agasallo dos nosos AMIGOS do CEIP A Rúa.

Un envío urxente dirixido "Á atención das persoas que colaboraron no envío de Sacapenas a Gaza"

Nada máis abrilo a sorpresa foi enorme. Unha fermosísima moneca Sacapenas, cun meniño precioso da mán, dábanos as Grazas "en Galego e en Árabe" (vaia exemplo máis ben traído de que as linguas "sempre" suman...)



Grazas por compartir unha ilusión
Grazas por facela posible

Grazas polo traballo ben feito

Grazas por sumar afectos

Grazas por construir unha escola aberta ao mundo

G
razas :-)


Que dicir que non sexa darvos as Grazas por ser como sodes?

Grazas por compartir o voso soño
Grazas por permitirnos facer o camiño con vós
Grazas por unir esforzos e afectos
Grazas por levar amor onde hai tanta tristura

Grazas pola vosa infinita xenerosidade

Gr
azas :-)

O voso Sacapenas sempre estará nun lugar moi especial da nosa Biblioteca en compañía de boas amizades e vós, por sempre nos nosos corazóns!!

Máis fotos no noso álbum

xoves, 7 de maio de 2009

Os Sacapenas para Gaza nos Medios

Onte, alumnado e profesorado do noso centro presentamos ante distintos medios de comunicación a iniciativa "Sacapenas para Gaza".

Xan Morales, de RadioFusión, convocounos o martes ás 11.30 na Casa do Concello de Fene pois según el "Unha iniciativa tan fermosa hai que dala a coñecer".

Cando chegamos a nosa sorpresa foi enorme xa que alí estaban a xefa de prensa do alcalde, Pitusa de RadioFusión, as cámaras de Localia TV, fotógrafos... en fin todo un despliegue de medios aos que, temos que confesar, non estamos acostumados, pero o motivo pagaba a pena.

Contamos como unha iniciativa, que xurdira no CEIP A Rúa, se espallara a través das Bibliotecas Escolares por distintos centros de Galicia. Como foi acollida no noso centro e os pasos que seguimos para a elaboración dos bonecos onde non só se implicaron profesorado e alumnado senón tamén as familias.

Para nós foi todo un orgullo e moi emocionante escoitar a Laura e Roberto, alumnos de 2º e 4º de ESO, contar o que supuxo para eles esta experiencia. Laura expresou o seu desexo de que se volvera a repetir "xa que é un bonito xeito de que os nenos e nenas aos que van destinados estes bonecos sintan o noso cariño", mentres que para Roberto foi "Unha iniciativa que permitía ofrecerlle a nenos e nenas que están a vivir nunha época difícil a oportunidade de xogar, algo que para nós forma parte da normalidade, pero que no seu caso é un luxo case inalcanzable"

O noso alcalde Iván Puentes, alabou o traballo que se está a desenvolver dende o noso centro "que está á vangarda na formación non só académica, senón tamén na formación de persoas solidarias e comprometidas" e engadiu "Estas experiencias que valen para formar veciños e veciñas solidarios contarán sempre co apoio do Concello"

Hoxe a noticia aparece recollida en distintos medios.
RadioFusión
Fene Cidadán
Diario de Ferrol
La Voz de Galicia

Esta semana intentaremos achegarvos o documento sonoro dende Radio Barullo.

(Actualizado o venres 8 de maio)
En Radio Barullo xa tedes á vosa dispoción esa gravación prometica.

Dende O Segrel do Penedo queremos agradecer a Xan Morales que fixera posible esta fermosa presentación en "sociedade" dos nosos Sacapenas.

martes, 17 de marzo de 2009

Sacapenas para Gaza (IV)

Esta fermosa iniciativa segue a atraer a máis centros, neste caso é o CEIP de Pazos onde xa están a organizar o traballo e así nolo contan no seu fantástico blog;

"Xa levamos días traballando esta idea, vendo que modelos podemos facer, que carta lles escribir, quen se encargará de traducila... Xa estamos resolvendo moitas dúbidas e dentro de pouco esperamos poder publicar as imaxes para que vexades os resultados.

Para comezar limos o conto Sacapenas de Anthony Browne, da Editorial Kalandraka e vimos un audiovisual que preparamos para os máis pequenos."

E dan a PRIMICIA!!

Biblospazos e O Segrel conseguimos contactar con Tontxu, autor da canción "Los Muñecos Quitapenas" e pedímoslle permiso para poder utilizala. Por suposto dixo que SI!! PODEMOS UTILIZAR A SÚA MÚSICA !!

Velaí tedes a letra

"LOS MUÑECOS QUITAPENAS"

Los muñecos quitapenas
quitan las penas que tengo,
se las cuento muy bajito
y me las curan en silencio.

Y debajo de mi almohada,
duermen siempre mis muñecos
y si tengo alguna pena
yo sin ella me despierto.

Y yo que nunca creí en amuletos ni hechiceros,
explícame que hago yo contando penas a muñecos,
será más bien, que creo en ti.

La cajita del club de la
buena estrella me acompaña,
un erizo un caballito,
caracolas encantadas.

Le dan vida a mi cajita,
lo que en playas infinitas
de la arena recogiste,
lo guardaste y me lo diste.

Y yo que nunca creí en amuletos ni hechiceros,
explícame que hago yo confiando en aquellos objetos,
será más bien, que creo en ti, mi amor.

Mi amuleto eres tú,
mis conjuros te reclaman,
y entre misteriosas sombras apareces,
con tu pócima encantada
y beberé, para convertirme en duende,
y evitar que el frío hechizo de la vida
me condene a ser un hombre.

Eh, eheehe, eheeeee... dindaralaralaaha

La cestita de la buena suerte
tengo en mi mesilla,
me la trajo en uno de sus viajes
(quién) la bruja María.

Me asegura su buena suerte,
y salud hasta la muerte,
y volando con su escoba
se despide para siempre (adiós).

Y yo que nunca creí en amuletos ni hechiceros,
explícame que hago yo creyendo en todo lo que creo,
será más bien, que creo en tí mi amor.

Mi amuleto eres tú, mis conjuros te reclaman,
y entre misteriosas sombras apareces,
con tu pócima encantada
y beberé, para convertirme en duende,
y evitar que el frío hechizo de la vida
me condene a ser un hombre.

Eh, eheehe, eheeeee... dindaralaralaaha

Grazas Rosana por facernos partícipes desta marabillosa idea!!

Con esta entrada chegamos ao número 300, esas son, pero en millóns, as ilusións que temos postas nesta fermosa iniciativa coa que pretendemos levar amor, solidariedade e quizais unha miaxiña de ledicia a quen tanto a están a necesitar.

Pero paráchedesvos a pensar o que están a supoñer os Sacapenas para todos e todas nós? Pensáchedes por un só momento canto nos están a aportar?

É tanto, e todo tan fermoso!!

martes, 10 de marzo de 2009

Sacapenas para Gaza (III)

E despois do obradoiro das profes, como xa vos comentei, chegou o dos rapaces e rapazas e aquí os tedes moi implicados na tarefa.

Comezamos con 1º e 4º de ESO.

Fixemos dous grupos, según o modelo que querían facer. Uns elixiron as monecas pequeniñas, e outros as das trenzas.

Logo repartiuse o traballo, uns dedicáronse a montar as monecas cos corpos que xa tiñamos feitos, pero outros dixeron que non, que o que eles querían era aprender a facer toda a moneca, corpo incluído.¡Canto interese amosaron!

Hoxe baixarán os de 2º de ESO e o xoves os de 3º

As monecas están a quedar moi ben, pero o mellor de todo e o entusiasmo e a ilusión coa que están a traballar.

Velaí tedes unha mostra do que están a facer, esperamos que vos gusten...



Actualizado o martes as 19.00 horas

E chegaron os de 2º e non o fixeron nada mal.

Algunha nai non vai crer o que podedes ver nestas fotos...

Como xa vos contamos os Sacapenas sairon do centro e Begoña, membro do noso Club de Lectura de pais, nais e profesorado; nos trouxo un novo modelo de moneca e xa tentamos facer un que non quedou moi mal, non para ser o primeiro...

Como podedes comprobar, no noso centro hai moita xente implicada nesta fermosa iniciativa.

mércores, 25 de febreiro de 2009

Sacapenas para Gaza (II)

Xa sei que todos os mércores as nosas entradas teñen que ver coa fotografía, e este mércores non ía ser menos, pero a diferencia dos anteriores, nesta ocasión o protagonista non é ningún fotógrafo ou fotógrafa de renome, esta vez os protagonistas imos a ser nós, as nosas fotografías, que se ben non están feitas por profesionais, o que non se nos pode negar é gañas e moito empeño en facelas o mellor posible.

Nesta ocasión o tema é a nosa última actividade, OS SACAPENAS.

Moitos de vós non deixades de preguntarnos que cando comezamos, sobre todo dende que víchedes feita a nosa primeira moneca sacapenas. Pois como ides comprobar a través deste novo recurso que hoxe vos presentamos o PhotoPeach, e que xa o víramos con outra das súas posibilidades, como non, en A Nosa Boa Inspiración, xa estamos máis que preparados para embarcarnos nesta fermosísima empresa. Enviar cariño e calor onde tanto están a sofrir.

Velaí tedes a película do que estivemos a facer nestas dúas últimas semanas, ademais de organizar o entroido, que non estivo mal, non si?


Ide elixindo modelo que o xoves comezamos !!

martes, 24 de febreiro de 2009

Sacapenas para Gaza

Unha antiga tradición guatemalteca di que cando @s nenos teñen unha pena, lla contan ao moneco sacapenas que colocan baixo a almofada antes de ir durmir. Ao espertar as penas terán desaparecido.

Dende o CEIP A Rúa (Cangas) xurde unha fermosa iniciativa que consiste en facer monecos sacapenas para enviar aos nenos e nenas de Gaza. O obxectivo é que sintan a solidariedade e o agarimo dos nenos e nenas galegas, que sintan que non están sós.

Esta proposta foi moi ben acollida tanto polo profesorado do grupo da biblioteca como polo alumnado do noso instituto así que decidimos organizármonos.

Sabela, profe de galego e especialista en todo tipo de manualidades, é a que dirixe o "obradoiro" para o profesorado, nós somos os primeiros que temos que aprender para logo traballar co alumnado. Xa nos aprendeu a facer dous tipos distintos de monecos, gorros de ganchillo, vestidos, perrucas... en fin, que esto xa comezou e agora non haberá quen nos pare...

Pero esta iniciativa non quedou no centro, xa saíu fóra del, de feito, algúns dos membros das nosas familias tamén están a botar unha man. Disque a unión fai a forza...

Velái tedes un pequeno vídeo de como vai o proceso...



Á volta das vacacións comeza a súa participación o alumnado, xa vos contaremos...

venres, 23 de xaneiro de 2009

Os Nosos Venres Musicais (XXXII)

Vía o noso blog amigo A Nosa Clase de Latín (Grazas Beni) achegámosvos o fermoso poema de Celso Emilio Ferreiro "IRMAUS" nas voces de Fuxan os Ventos.

Dende Os Nosos Venres Musicais seguimos a decir Basta Xa de tanto horror, de tanta barbarie.

Que remate xa esta "Longa noite de pedra"!!

domingo, 18 de xaneiro de 2009

Israelís Comprometidos (II)

Vendo como é presentada a situación en Palestina por algúns medios de comunicación, nós, queremos achegarvos a todos eses israelitas que intentan conseguir levar a Paz a uns territorios onde o que impera é a violencia, a represión, o terror, con todo o que iso conleva para a súa propia seguridade e a das súas familias. (Vía)

Gush Shalom
Unha das organizacións máis fortes en Israel, e que conseguiu reunir a 10.000 persoas en Tel Aviv para manifestarse en contra da ofensiva a Gaza do pasado día 3.
Unha organización cuxo principal obxectivo é a conciliación entre o pobo palestino e o israelita.

Os Shministim
Xoves obxectores que se negan a entrar no exército que ocupa os territorios palestinos.


“[...] Somos obxectores porque rexeitamos servir no exército que está a ocupar Palestina. [...] Negar os Dereitos Humanos máis básicos aos palestinos está a poñernos a todos en perigo. Está mal, é ilegal, é inmoral, vai contra os nosos principios, contra os nosos valores, por iso somos obxectores de conciencia, somos ashministim. […] Palestinos, musulmáns, israelís, cristianos, xudeus... todos necesitamos estar unidos contra a violencia, contra a represión non importa quen a inflixa...”

“O odio dos humillados é a arma de máis longo alcance”

Manuel Vicent

sábado, 17 de xaneiro de 2009

Nenos Palestinos: Deámoslles Voz !!

Onte recibimos un correo de Pilar Sampedro, unha boa amiga, que facía unha reflexión en voz alta sobre o que está a acontecer en Palestina, e non quero deixar de publicala, polo que supón de darlle voz aos nenos, aos máis inocentes, aos que máis están a sufrir este xenocidio.

[…] tal vez se impoña unha reflexión imprescindible acerca dos medos e dos odios, de como hai que lembrar o pasado pero non instalarse nel para facerse dono duns dereitos absolutamente inxustos cos demais pobos. […]

Para cando os nenos palestinos terán unha voz que no seu nome lles fale aos nenos do mundo? Pensade na cantidade de libros protagonizados -con todo o dereito e algún máis- por nenos xudeus. Terán que matar a moitos máis -tantos coma aquela vez- para que alguén se faga eco da súa voz?

P.S.

Nenas e Nenos Palestinos


Created with Admarket's flickrSLiDR.

Grazas Pilar por permitirnos que a túa reflexión sexa a que pon voz aos que están a ser calados.

Que nunca aniñe neles o xerme do odio!!!

Nen@s Palestinos "Onte e Hoxe" Non deixedes de entrar en Mesturas!!

Israelís Comprometidos (I)

Vía o magnífico blog amigo Mesturas queremos que coñezades o compromiso de moitos israelitas coa causa do pobo Palestino. Onte falabamos de Daniel Barenboim e a súa orquesta, hoxe presentámosovos dúas organizacións, unha de mulleres e outra de artistas que piden o fin da guerra e a represión, co que iso supón para eles...

Machsom Watch.
Existe desde 2001. É unha organización de mulleres israelís contra a ocupación dos territorios e a sistemática represión da nación palestina. Reclaman liberdade de movemento dentro dos territorios e o final da ocupación que destrúe a sociedade palestina e tanto dano causa á sociedade israelí. Estas admirables mulleres gravan, filman e testemuñan diariamente, hora por hora, todo tipo de vexames e abusos . Logo difunden ese material a través de internet porque é imposible facelo doutro xeito dentro do seu propio país. É evidente o risco que esta actividade implica para elas.

Drafted Art.
É unha iniciativa que parte dun grupo de artistas israelís. Este é parte do seu manifesto
“...Opoñémonos á guerra. Moitos de nós asinamos peticións, participado en manifestacións e distribuído información esencial a través dos medios de comunicación e da rede. Aínda que son accións significativas só serven para acentuar o noso sentimento de impotencia. Non hai resposta máxicas. Cada acción é só un paso no camiño á revolución. Esta exposición é unha petición que consiste en sinaturas visuais, en lugar de só nomes.
Usamos fotos, cómics, videos, cuadros... Utilizamos a nosa creatividade para loitar contra a guerra”


Created with Admarket's flickrSLiDR.

Vía Iniciarte

Ante o papel que están a desenvolver xentes tan valentes, non podemos evitar lembrar as palabras de Martin Luther King

"A nosa xeración non se terá lamentado tanto dos crimes dos perversos, como do estremecedor silenzo dos bondadosos"

Esta entrada a queremos adicar a eses "bondadosos israelitas" que non deixan de berrar "Basta Xa!!"

venres, 16 de xaneiro de 2009

Os Nosos Venres Musicais (XXXI) "Paz en Gaza"

Orquesta West-Eastern Divan
Daniel Barenboim
"Preludio" (Wagner)


A orquesta West-Eastern Divan, fundada no ano 1999 por Daniel Barenboim e polo palestino Edward Said (1935-2003) co obxecto de promover a convivencia pacífica e loitar contra a intolerancia a través da música, está formada por máis de 100 músicos de Israel, países árabes e España.

Daniel Barenboim, despois dun concerto en Ramala, o 12 de xaneiro de 2008, aceptou a cidadanía palestina honoraria, converténdose deste xeito, no primeiro cidadano do mundo coa dobre cidadanía israelí e palestina.

"Desexo que a miña nova condición sexa un exemplo de coexistencia palestino-israelí. Creo que os destiños destes dous pobos están inexorablemente unidos"

Daniel Barenboim

Máis opinións
Reporter del Espectáculo
La Opinión

xoves, 15 de xaneiro de 2009

Palestina

Vía Trafegando Ronseis, o noso blog amigo, chéganos este vídeo sobre Palestina.

Un vídeo que amosa a nosa repulsa ante tanta barbarie, ante tanto horror.

Un vídeo que pide a PAZ !!!

martes, 13 de xaneiro de 2009

Ata Cando Esta Barbarie?

Ata cando seguiremos pedindo que remate este xenocidio?


Ata cando seguirá morrendo xente inocente?


Ata cando teremos que esperar para ver a fin desta barbarie?


Ata cando seguiremos berrando BASTA XA?


Ata cando...?


Para amosar a nosa repulsa a tanto horror, presentámosvos os debuxos de Eneko, un artista que coñecimos a través dun blog amigo "El balcón abierto" e que nos impresionou pola súa temática, pola súa forza e o seu compromiso.


Os debuxos de Eneko fálannos da barbarie, da senrazón, das inxustizas, da violación dos dereitos humanos, ... a súa obra fálanos de Gaza


"A nosa xeración non se terá lamentado tanto dos crimes dos perversos, como do estremecedor silenzo dos bondadosos"
Martin Luther King

xoves, 8 de xaneiro de 2009

Sombreiro Branco vs Sombreiro Negro... Black Hat White ...

Fantástica descoberta a deste corto de animación con plastilina (Claymotion) no blogue amigo da Biblioteca Sant Jordi. Non volo perdades!

Para reflexionar...




Ata cando esqueceremos poñérmonos no lugar do outro?

Ata cando creeremos estar sempre en posesión da verdade absoluta?

Ata cando pensaremos que a violencia é o único xeito de arranxar os problemas?

Ata cando ...?

PAZ EN GAZA!!!

(Non perdades o detalle da primeira páxina do xornal que está a ler un dos veciños...)

venres, 2 de xaneiro de 2009

Os Nosos Venres Musicais (XXIX) "PAZ EN GAZA"!

CONCERTO DE ANINOVO 2009
ORQUESTA FILARMÓNICA DE VIENA
DIRECTOR DANIEL BARENBOIM

EL DANUBIO AZUL

MARCHA RADETZKY

"Para lograr a Paz, hai que combatir a ignorancia"

'Nós, o pobo xudeo, debemos saber e sentir con máis urxencia que outros que o asasinato de civis inocentes é inhumano e inaceptable'

Daniel Barenboim

Carta Aberta de Barenboim ante os bombardeos de Israel en Gaza.
Gaza y el Año Nuevo (El País)

Asina pola Paz entre Israel e Palestina.
Related Posts with Thumbnails