sábado, 30 de xaneiro de 2016

Dia da Ilustración

Hoxe, e por terceiro ano consecutivo, celébrase en Galicia o Día da Ilustración. A data foi elixida por coincidir co aniversario do nacemento de Castelao unha das máis grandes figuras da nosa cultura. 

Para conmemorar esta data, no Segrel organizamos unha fantástica exposición de caricaturas "Pola Cara", préstamo do Museo do Humor de FeneA mostra está formada por 33 caricaturas realizadas por importantes debuxantes e caricaturistas galegos (Leandro Barea Pernas, Abraham Carreiro, Gogue, David Pintor, Carlos Sardiña, Sex e Gonzalo Vilas), españois (Ché, Álex Gallego, Raúl Iglesias, Pareja, María Picassó, Moi, Polar, Mónica Ruiz...) e internacionais (Husein Adel, Yuosof Alimohadami, Ulises Araujo, Sebastián Fábrega, Adnane Jabir, Jiwenk, Davir Lara, Raquel Orzuj, Marlene Polhe, Polo, Xavi...). 

Esta exposición acompañámola cunha pequena selección da obra de Castelao así como algúns dos álbumes e poemas ilustrados que forman parte dos nosos fondos.


Related Posts with Thumbnails