venres, 13 de maio de 2022

Letras Galegas 2022

O autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2022, Florencio Delgado Gurriarán, é un reflexo da cultura galega no século XX. Militante do Partido Galeguista, exiliado en América, colaborador de Castelao, promotor de iniciativas editoriais e radiofónicas. Como poeta escribiu entre dous mundos: a súa terra de Valdeorras e o país de acollida, México. Neste especial, que arrinca hoxe, o Consello da Cultura Galega irá incorporando diferentes contidos co obxectivo de dar a coñecer a vida e obra do poeta e poñer en valor o seu.

Aquí deixamos unha foto cos libros que temos del na biblioteca.



 

REgalízaTE

Co gallo das letras galegas a biblioteca fai esta actividade que consiste en que o alumno escriba a súa palabra favorita do galego de xeito artistico.

Participaron os rapaces de ESO e BACH nos recreos, e levan una regalíz ao deseñaren a súa palabra favorita e logo participan os mellores deseños no concurso de uns vales para a cafetería do IES.   





venres, 6 de maio de 2022

Inaguración salón de actos Xaquín Marín.

 O salón de actos do IES Fene dende hoxe, 6 de maio, chámase Salón de actos Xaquín Marín. 

  O mesmo Xaquín descubriu unha placa feita polo ceramista Fenés Pérez Porto. 

No salón colocouse un mural feito polos rapaces de 1º e 2º Bach artístico: Aroa, Sabela, Adriana, Antón e Miguel guiados pola súa profesora de debuxo Luisa Parada e todo este acto de inaguración foi organizado pola vicedirectora Begoña  Férnandez. 

Asistiron ao acto o alcalde, varios concelleiros, profesores e membros do consello escolar.  

Na biblioteca fixemos unha exposición de todos os libros de Xaquín Marín.   

Foi auténtico honor poder ver escoitar a Xaquín Marín no noso Ies Fene.






xoves, 5 de maio de 2022

Charla Jorge Mira

Coma sempre interesante e amena a charla "A que altura está o ceo" para os rapaces de 4º ESO e 2º Bach.

Realizamos unha apaixoante viaxe polo tempo, comezamos na época da Grecia clásica e chegamos ata os descobrimentos máis recentes do universo.

Aprendendo ciencia!!. Organizado pola biblioteca do IES Fene coa colaboración do club de ciencias do centro.

Related Posts with Thumbnails