venres, 28 de outubro de 2022

MARILAR ALEIXANDRE, PREMIO NARRATIVA 2022

Marilar Aleixandre, nada en Madrid no 1947 e afincada en Galicia dende fai case 50 anos, foi galardoada este martes pasado co "Premio Nacional de Narrativa 2022" pola súa obra As malas mullereseditada por Galaxia, libro que temos na biblioteca. Este premio concedeo o  Ministerio de Cultura e Deporte.

O xurado di que o libro sobresae pola súa "orxinal estrutura híbrida que a converte nunha novela histórica singular".

Sucede tamén ao galego Xesus Fraga, premio Nacional o ano pasado pola súa novela Virtudes(e misterios)



SAMAÍN NA MEDOTECA NO SEGREL

Coa axuda do noso esqueleto voluntario, que tódolos anos nos bota unha man nestes días, lemos relatos curtos de medo, agasállamos con poesía en osiños de santos e os rapaces decoraron a medoteca e elixiron libros e películas de temática samaínesca para poñer na exposición de lecturas  recomendables....quen dixo medo???




 

luns, 24 de outubro de 2022

24 O. Día das bibliotecas

 Estes días os rapaces de 1º e 2º ESO co gallo do día das bibliotecas falaron dos seus libros favoritos. Foi unha experiencia esperanzadora, xa que temos rapaces moi lectores e que len libros moi interesantes. Dende Ana das tellas verdes, pasando por Invisible, un libro de como coidar tortugas, "Destinos perrunos", "Palabras de Caramelo", "Zapatillas rojas" etc...ata o último de J.K. Rowling ou manga. Aprendendo con eles!!






venres, 7 de outubro de 2022

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO.

Onte 6 de outubro foi o día da ciencia en galego; mostramos abaixo algúns do amplo repertorio de libros sobre ciencia que temos na biblioteca do Segrel do Penedo:


xoves, 6 de outubro de 2022

FORMACIÓN BIBLIOTECA. NOVOS LECTORES.

Estamos a facer a formación cos novos lectores. 

Como tódolos anos facemos esta formación necesaria para que sexan autónomos na procura dos libros de lectura que teñen que ler durante o curso.

Aprenden a buscar libros nas diferentes seccións da biblioteca e interpretan a información dos "tejuelos". 





Recitando poesías de XOSÉMARÍA PÉREZ PARALLÉ

Hoxe cos rapaces de 1º ESO, explicamos a razón do nome da nosa biblioteca: "O Segrel do Penedo", falamos do poeta Xosémaría Perez Parallé, da súa vida e da súa obra e ao final os rapaces leron dúas poesías do Segrel.


 

Related Posts with Thumbnails