venres, 27 de abril de 2012

Os Nosos Venres Musicais (LXXII)

Neste novo venres musical queremos achegarvos o proxecto musical "Desert Blues" que reune a músicos como "Habib Koité", "Afel Bocoum" e "The Tuareg-Women-Ensemble Tartit" de Timbuktu.

Todos os músicos son poetas e tocan instrumentos tradicionais como o Tinde, Tehardant, Balafon, Imzad, pero tamén guitarras eléctricas. Fusionan ritmos africanos e blues co obxectivo de transmitir a través da música unha mensaxe de paz, entendimiento e tolerancia.

mércores, 25 de abril de 2012

"El elefante encadenado" por Jorge Bucay




Sempre que pensemos "Non sei", "Non podo" 
Cambiémolo por un "Si que sei", "Si que podo"
e INTENTÉMOLO UNHA E OUTRA VEZ ATA CONSEGUILO!!

martes, 24 de abril de 2012

O Día do Libro en O Segrel

Nesta ocasión, en O Segrel decidimos facer unha exposición múltiple na que poder achegar aos membros da nosa comunidade exemplares de distintas temáticas entre as que destacamos:
Álbumes
Libros de Ciencia
Teatro
Información
A Nosa Cultura
Centenario Celso E. Ferreiro
Outras Culturas
Música
Arte
Historia
Cine
Narrativa
Banda Deseñada

Esta exposición a completamos cos libros favoritos de alumnado e membros do Club de Lectura de pais e nais, para o que puxemos en práctica a idea que o noso admirado Agustín Fernández Paz propón na súa fermosa novela "O único que queda é o amor". O luns, Día do libro, todos os participantes nesta celebración recibiron un pequeno agasallo, unha bolsa coa mascota da nosa biblioteca, á que xa vai sendo hora que lle busquemos nome, non credes? Veremos logo de facer algo para solucionar este pequeno problema.

O cartel que ilustra esta entrada foi deseñado por Mariña Gándara Serantes alumna de 2º ESO para este día. Toda unha artista, non si? Dende aquí os nosos parabéns polo seu magnífico traballo.

Velaí tedes a reportaxe fotográfica do día...




luns, 23 de abril de 2012

23 de Abril: Día do Libro II

Con motivo do Día do Libro, Agustín Fernández Paz un dos escritores galegos máis coñecido e recoñecido, ven de agasallar ás Bibliotecas Escolares Galegas con este fermoso texto que nos chega a través da Asesoría de Bibliotecas Escolares e que queremos compartir con todos e todas vós.


23 de Abril: Día do Libro

Hoxe, día 23 de Abril, celebramos o Día do Libro e para O Segrel, dende hai anos, a celebración ten un sentido moi especial, porque nesta data, fai hoxe 5 anos xa, saímos á blogosfera. O Segrel do Penedo saía á web nunha data especial, e a partir de aí chegaron as Redes Sociais e fixemos a nosa entrada en Twitter o 23 de abril de 2009, e ao ano seguinte, 23 de abril de 2010 creamos o noso perfil en Facebook.

O 23 de abril no Segrel estamos de cumpreanos por partida triple. Que o noso son os libros, a lectura e a información non ten lugar a dúbidas, non si?

Dende aquí Feliz Día do Libro e graciñas por acompañarnos nesta fantástica andaina que fai que o noso traballo sexa cada día mellor, ou polo menos esa é a nosa intención.

E para celebralo, fixemos unha pregunta ao noso alumnado e aos membros do club de lectura de pais e nais de O Segrel, "Cal é o voso libro favorito?" unha pregunta que non é tan doado contestar, pero velaí tedes as súas respostas...





Fantásticos favoritos, non creedes? E vós, xa o tedes elixido? Se queredes participar con nós só tedes que enviarnolo a osegreldopenedo@gmail.com e entrará a formar parte dos que xa están a decorar a exposición que mañá vos achegaremos.

Pintura obra de Hermann Kaulbach

O Libro Na Pintura




"O Libro" a través dos tempos, dos estilos, das culturas...


"O Libro na Pintura"


Disfrutadeo e "Feliz Día do Libro"


Vía Pinterest

Manifesto: Para un ambiente de lectura na escola

Coincidindo co Día do Libro 2012, que se celebra hoxe, 23 de Abril, existe unha iniciativa impulsada por Luis Arizaleta (especialista en lectura e desenvolvemento de iniciativas culturais), que nos fai reflexionar aos que subscribimos, sobre o que el coñece desde hai máis de vinte anos: o ambiente de lectura na escola, e é ese o nome do manifesto que vos invito a ler.

Son 12 puntos moi breves pero que, de telos realmente presentes, suporía un verdadeiro replantexamento da experiencia lectora, persoal e cultural dos nosos rapaces e rapazas. Para eso nos diriximos a toda a amplia comunidade vinculada coa lectura: escritores, mediadores, contistas, narradores, pais e nais, editores, profesionais da educación...

Aínda que sempre oímos aquelo de “neso todos estamos de acordo” o certo é que no mundo vinculado ao libro e á lectura hai moita palabrería e adorno estéril, pero tamén temos que decir que hai moita xente traballando, no noso país e máis alá del, para que as cousas non sexan así. Sabemos que hai unha corrente forte e consolidada de xente que traballa para que os pequenos, medianos e maiores vivan a lectura con pracer e sabemos que, ademáis, o consiguen. E non deixa de ser significativo que xunto a todas esas persoas, que irán en aumento, ou non, non tiveran dúbida en estampar a súa su firma xente como Francesco Tonucci, ou escritoras como Rosa Aneiros ou Fina Casalderrey, de entre un grupo de 108 profesionais relacionados coa lectura.

O dito, propóñovos a súa lectura:
Texto vía Vilán






Nós xa o temos asinado, se vós tamén queredes facelo so tedes que entrar nesta ligazón.


Cartel: Mariña Gándara Serantes (2º ESO)

domingo, 22 de abril de 2012

Campaña Fomento da Lectura

E Ti...? Onde les e con quen?





Os nosos parabéns aos compañeiros do IES Lamas de Quendas por esta extraordinaria Campaña de Fomento da Lectura que hoxe, véspera do Día do Libro, queremos achegarvos .

sábado, 21 de abril de 2012

Neira Vilas pregoeiro en Ferrol

O pasado xoves inaugurouse a "XXIII Feira do Libro de Ferrol - Festa da lectura, o libro e a palabra" que estará aberta ata o 24 de abril. Nesta ocasión está dedicada a Rosalía de Castro con motivo do 175 aniversario do seu nacemento.

O pregón correu a cargo dun dos grandes das nosas letras, Don Xosé Neira Vilas que comezou facendo un percorrido pola historia de Ferrol, dende a orixe do seu nome ata facer unha fermosa lembranza do papel da emigración especialmente dos Ferroláns e Ferrolás como Ramón Castro, Pablo Iglesias, Calixto Loira, Bartolomé Crespo Borbón precursor do teatro en Cuba, Concepción Arenal, Xosé Fontenla Leal impulsor da Real Academia Galega e quen animou a Pascual Veiga e a Eduardo Pondal para que lle escribisen a letra e a música do Himno Galego estreado na Habana en 1907 e a quen homenaxea no seu ensaio "100 anos do himno galego" editado pola editorial ferrolá Embora e que presentou tras o pregón.

Falou do valor dos libros e a lectura "a lectura nos converte en homes e mulleres de ben" e lembrou a Cicerón "un fogar sen libros é como un corpo sen alma".

Facendo referencia a esta crise que nos está a afogar "unha crise económica, moral e de valores" dixo que "a cultura é o posible remo de salvación neste gran naufraxio" e falou dos "libros como sosego e serenidade nestes tempos tan complexos"

A pesar da choiva e do tempo tan desagradable que había no exterior, no interior da pequena carpa colocada no Cantón de Molíns o ambiente era moi cálido e agradable, porque se ler a Neira Vilas sempre supon un marabilloso viaxe no tempo no que achegarnos ás nosas tradicións, á nosa xente, á nosa cultura... escoitalo sempre é un enorme placer, xa que a súa conversa, sempre chea de anécdotas, onde amosa o seu grande amor pola literatura e por Cuba é un aloumiño que nos chega ao corazón.

Moitísimas grazas Don Xosé, tras máis de hora e media disfrutando da súa palabra, quedamos agora inmersos na lectura do seu último libro "Esperando o leitieiro" que xa nos ten enganchados dende a primeira páxina.


venres, 20 de abril de 2012

Os Nosos Venres Musicais (LXXI)

"READ A BOOK" - "LE UN LIBRO"

domingo, 15 de abril de 2012

Actividade Día do Libro "O meu libro favorito"


Unha das actividades propostas para o Día do Libro consiste en facer unha compilación dos nosos libros favoritos, os libros favoritos de todos aqueles que queirades participar sexades ou non membros da nosa comunidade educativa, os voso favoritos seráns moi ben recibidos. Poden ser libros escritos en calqueira lingua, vós elixides en galego, castelán, portugués, inglés, etc, etc, etc

Somos conscientes de que é un verdadeiro desafío, é moi difícil elixir un só libro entre tantos que nos veñen á cabeza cando intentamos pensar nun só deles, pero algún ten que ser, por algún motivo, o que sexa, e se ves que tes dous ou tres aos que nin queres nin podes renunciar, xa sabes, envíanolos todos e asunto arranxado...

Para facelo só hai que baixar o documento que aparece nesta entrada, completalo seguindo as instrucións que nel aparecen e envialo ao correo do segrel (osegreldopenedo@gmail.com) antes do xoves día 19 deste mes para que o luns 23 poidan estar na exposición.

Agardamos a vosa participación.

Grazas!!

Baixar o documento Clica na ligazón, abrirase o documento, clica en "download" e xa o terás no teu equipo. Sigue as intrucións e envíanolo ao correo do Segrel.

venres, 6 de abril de 2012

martes, 3 de abril de 2012

Mingote "In Memoriam"

Esta é a nosa pequena homenaxe a un dos grandes dibuxantes españoles que, coa súa fina ironía, soubo retratar a historia do país durante a segunda mitade do século XX.

"Yo no trabajo con inspiración, trabajo con reflexión"



luns, 2 de abril de 2012

Día Internacional del Libro Infantil

A nosa suxestión para este día e para sempre... "Mis abuelos y yo"
Unha aventura persoal onde os avós son os protagonistas

Un álbum de Ángels Farré, ilustrado por Noemi Villamuza, que trata de que avós e netos constrúan xuntos a súa propia historia, facendo aos avós pescudar nas súas lembranzas aqueles acontecementos e sentimentos que teñen marcado a súa vida. Unha aprendizaxe para os pequenos sobre a experiencia de quen os quere e cuida. Unha fermosa proposta de escritura compartida chea de emoción e tenrura.

Cartel e Mensaxe para conmemorar o Día do Libro Infantil


OEPLI
Related Posts with Thumbnails