miércoles, 25 de febrero de 2009

Sacapenas para Gaza (II)

Xa sei que todos os mércores as nosas entradas teñen que ver coa fotografía, e este mércores non ía ser menos, pero a diferencia dos anteriores, nesta ocasión o protagonista non é ningún fotógrafo ou fotógrafa de renome, esta vez os protagonistas imos a ser nós, as nosas fotografías, que se ben non están feitas por profesionais, o que non se nos pode negar é gañas e moito empeño en facelas o mellor posible.

Nesta ocasión o tema é a nosa última actividade, OS SACAPENAS.

Moitos de vós non deixades de preguntarnos que cando comezamos, sobre todo dende que víchedes feita a nosa primeira moneca sacapenas. Pois como ides comprobar a través deste novo recurso que hoxe vos presentamos o PhotoPeach, e que xa o víramos con outra das súas posibilidades, como non, en A Nosa Boa Inspiración, xa estamos máis que preparados para embarcarnos nesta fermosísima empresa. Enviar cariño e calor onde tanto están a sofrir.

Velaí tedes a película do que estivemos a facer nestas dúas últimas semanas, ademais de organizar o entroido, que non estivo mal, non si?


Ide elixindo modelo que o xoves comezamos !!

8 comentarios:

bibliotecadocole dijo...

Pois a min gustanme todos, que lindos son,canta ilusión transmiten,...!

Beni dijo...

Eu non daría feito un, sejuro. Pero grazas pola nova ferralla das afotos.

Leo dijo...

¡Canta marabilla! A presentación lembroume... outros tempos das clases de manualidads na escola (cando eu era alumna!)
Nós tamén comezaremos estes días.

CEIPARUA dijo...

Sinceramente, dende o CEIP a Rúa consideramos que o traballo do IES de Fene é para sacarse o chapeu. Os nosos parabéns polo entusiasmo e a dedicación que amosades. Encantounos o vídeo, moi ilustrativo.
Unha aperta afectuosa dende Cangas.

Chispa dijo...

Mira que traballades! (e facedes traballar) Se repartir traballo tamén é importante; á familia, incluso!
Sumámonos con moita ilusión!
Apertas agarimosas e costureiras desde Pazos.

Chispa dijo...

No noso cole tamén comezaremos nuns días! Parécenos unha idea moi fermosa e felicitámosvos pola vosa iniciativa!
Saúdos agarimosos desde a Biblioteca do CEIP de Pazos, en Ferrol.

Chispa dijo...

En fin... esta vez o comentario era para o CEIP A Rúa e tentaremos facelo de novo, pero agora, no seu sitio.
Cheguei aquí por medio da súa páxina e así me foi.
Bicossssssss.

Loly dijo...

Grazas a todas e a Beni tamén... polos vosos comentarios tan agarimosos. Realmente estamos moi ilusionados con esta fermosísima iniciativa, e o noso alumnado tamén. É moi gratificante ver a súa solidariedade.
Bicos!!!

Related Posts with Thumbnails