O mércores día 25 os nosos recreos enchéronse de música e poesía. Os encargados deste fermosísimo recital foron os alumnos e alumnas de ESO e Bacharelato que estiveron acompañados ao piano por Xano Chao de 2º de ESO.
O acto foi presentado por Cristina Cabana de 2º de Bacharelato e léronse poemas de Alberti, Neruda, Benedetti, Celaya... pero o que máis nos sorprendeu foron uns fermosísimos poemas matemáticos lidos por rapaces e rapazas de 4º de ESO, unha marabillosa proposta que nos chegou da man do departamento desta materia e que queremos achegarvos para que vós tamén podades disfrutalos.
Grazas a todos e todas as que fixéchedes posible que nunha fermosa mañá de primaveira a poesía estivera moi presente no noso centro.
4 comentarios:
Noraboa por esta actividade poética, por certo, que sorte poder contar cun pianista para darlle acompañamento musical aos recitados poéticos, iso si que é un luxo. Nós tamén estamos adicando a hora de ler á poesía pero temos que acompañar con música gravada,non temos en vivo e en directo. Que nivel!!. Parabéns.
Unha aperta.
Raioteca.
Encarna tes toda a razón, é un luxo contar cun pianista e ademais tan bo como Xano, pero tamén contamos cunha acordeonista marabillosa, Tamara, que ata agora foi quen acompañou todos os recitais e xa ía sendo hora que chegara alguén para que puidera tomar un respiro...
Grazas polo teu ánimo constante.
Apertas dende Fene.
É o que eu sempre digo: que sería de nós sen as matemáticas!!!
Noraboa polo traballo
Bicos mil
Benquerido Anxinho, nin te imaxinas a ledicia ao recibir o teu comentario. Botábamoste en falta!!
Por certo, ti o dixeches, que sería de vós sen as matemáticas (jeje)??
Máis bicos!!
Publicar un comentario