August Sander é un fotógrafo alemán que fixo ao longo da súa vida profesional un verdadeiro retrato da sociedade alemana.
Pola súa cámara pasaron xentes de todos os estractos sociais intentando reproducir a psicoloxía da sociedade alemana da época. O seu proxecto máis importante foi "Hombre del siglo XX", un catálogo destes retratos que comezou arredor de 1910 e remataría na década do 50.
Aos nazis non lles gustaba o seu punto de vista polo que foi perseguido e todos os negativos que non puido esconder fóronlle incautados. Por este motivo deixou o seu labor como retratista e pasouse á paisaxe.
Os retratos de August Sander contribuiron ao recoñecemento da fotografía como arte.

3 comentarios:
Ola:
Son Miguel, da clase de terceiro, do Ceip Esteiro e hoxe son o encargado do correo da biblioteca.
Grazas por ser uns dos nosos seguidores!
Biquiños de laranxa!
Miguel
Ola Miguel,
Grazas pola túa visita que esperamos se repita.
Por suposto que somos seguidores vosos, como non íamos selo dun blog tan chulo??
Bicos de mel.
Fermoso agasallo visual.
Publicar un comentario