martes, 10 de marzo de 2009

Sacapenas para Gaza (III)

E despois do obradoiro das profes, como xa vos comentei, chegou o dos rapaces e rapazas e aquí os tedes moi implicados na tarefa.

Comezamos con 1º e 4º de ESO.

Fixemos dous grupos, según o modelo que querían facer. Uns elixiron as monecas pequeniñas, e outros as das trenzas.

Logo repartiuse o traballo, uns dedicáronse a montar as monecas cos corpos que xa tiñamos feitos, pero outros dixeron que non, que o que eles querían era aprender a facer toda a moneca, corpo incluído.¡Canto interese amosaron!

Hoxe baixarán os de 2º de ESO e o xoves os de 3º

As monecas están a quedar moi ben, pero o mellor de todo e o entusiasmo e a ilusión coa que están a traballar.

Velaí tedes unha mostra do que están a facer, esperamos que vos gusten...



Actualizado o martes as 19.00 horas

E chegaron os de 2º e non o fixeron nada mal.

Algunha nai non vai crer o que podedes ver nestas fotos...

Como xa vos contamos os Sacapenas sairon do centro e Begoña, membro do noso Club de Lectura de pais, nais e profesorado; nos trouxo un novo modelo de moneca e xa tentamos facer un que non quedou moi mal, non para ser o primeiro...

Como podedes comprobar, no noso centro hai moita xente implicada nesta fermosa iniciativa.

16 comentarios:

Encarna dixo...

Que gusto da ver a rapazas e RAPACES agarrando unha agulla e creando eses bonecos tan bonitos e con esa finalidade, unha actividade moi pero que moi completa. Saúdos tamén a esas "profas": Mª Carmen, Sabela e Loly.
Bicosss...

O Segrel do Penedo dixo...

Si que da gusto, Encarna.
Algunha nai non pode crer que sexa posible que o seu "fillo" teza unha moneca como as rapazas, e ai os tes, encantados facendo Sacapenas.
Realmente estamos moi contestas coa resposta do noso alumnado.

Chispa dixo...

Encántame ver esas fotos. Que ben que esta actividade estea tendo esa resposta entre os maiores, verdade?
Mañá empezamos nós! Xa vos contaremos.
Bicos costureiros desde a Biblio de Pazos.

olga dixo...

¡Se os ven súas nais!Esta é a proba de que... convíntemente motivado, un adolescente é capaz ATA DE COSEEEEEEER.
Por Tutatis: Canto dá de sí unha biblioteca Escolar!

xarela dixo...

Por alusións,por Tutatis e por ****(autocensura)que non o podo crer!!!. A foto "DESE", non estará trucada?, que co potochop faise de todo, anque logo de ver outras de ex aOs que lles din plástica,plantexareime o tema da "agnosticidade". Noraboa a esAs profes e a es@s alumn@s. Tamén a "ESE"

bibliotecadocole dixo...

Que maravilla, ver eses nenos e nenas traballando para aliviar as penas de outros nenos!Os de Primaria non imos ser capaces de igoalar a vosa técnica, pero a motivación vai ser a mesma.
Parabéns para eses alumnos, e para as profes moitos biquiños.

Loly dixo...

Chispa os maiores están tan motivados que algúns deles ata levan as monecas para rematar na casa.
Isa a técnica é obra de Sabela que sabe facer de todo. Unha profe que non deixa de sorprendernos a pesar do tempo que xa leva con nós.
Bicos para as dúas e para os voso rapaces tamén!!!!

Loly dixo...

Olga, xa ves como algunha desas nais "aludidas" amosa a súa incredulidade... Pero non te equivoques, é só pantaia, ela sabe perfectamente a quen ten na casa, pero as nais, ás veces, xa se sabe como sodes...
Nós estamos moi orgullosos destes mozos e mozas tan solidarios

Tony River dixo...

Unha inciativa ben fermosa que fará sentirse ben aos que reciban as bonequiñas e tamén a quen as fai.

Loly dixo...

Benquerido compa, para cando che reservo hora no taller? Estamos botando en falta ao plantel masculino de profes!!!!

Tony River dixo...

Iso son cousas de mulleres. Conmigo non contedes.

O Segrel do Penedo dixo...

O que hai que oir, un rapaz "novo" e falando dese xeito...
Querido Antonio, son ben coñecedor do teu sentido do humor e da túa finísima ironía, así que coido que xa terás falado coas profes para asistir a ese magnífico e solidario obradoiro.
Apertas,
O Segrel.

Agapito Ron dixo...

O de Antonio Rivera será ironía, pero estaría ben contestarlle con argumentos porque o que dí é verdade.

O Segrel do Penedo dixo...

Só un exemplo que penso pode ser moi ilustrativo. Os protagonistas, nin máis nin menos que os irmáns Lumiére
http://www.autochrome.com/Autochrome-centenaire/Historique.html

Ala "Agapito", a tomar bo exemplo!!

Agapito Ron dixo...

Excelente contestación, Sr. Segrel. De momento non aporta argumentos, pero é elegante e plantea unha pregunta: por que os irmáns Lumière se quixeron retratar así?
Polo demais, parabéns pola iniciativa dos sacapenas e por este blog tan activo.

CEIPARUA dixo...

Queremos felicitar ós rapaces e rapazas do Segrel polo seu entusiasmo.
Cando comezamos a difundir esta iniciativa, dubidaba respecto ó nivel de implicación do alumnado de secundaria, pensaba que podía estar alonxada dos seus intereses...
Que equivocada estaba!!
Unha aperta para todos e todas :-)

Related Posts with Thumbnails