mércores, 1 de abril de 2009

Lewis Hine e a súa Cruzada Contra o Traballo Infantil

Hoxe traémosvos a figura de Lewis Hine, un fotógrafo, sociólogo e humanista que naceu en Wisconsin en 1874 e que deixou o seu traballo como profesor para dedicarse á fotografía

Hine ve na cámara fotográfica un instrumento para a investigación, para o ensino. Para el a fotografía é un arte.

A comezos do século XX comezou a traballar para o Comité Nacional do Traballo Infantil (National Child Labor Committee) e a partir de aí recorreu o país captando instantáneas de nenos traballando nas rúas, en fábricas... traballo co que conseguiu endurecer as leis contra o traballo dos menores e así mellorar as súas condicións de vida.



2 comentarios:

Antonio Martínez dixo...

Estades colocándovos o liston moi, moi, moi alto. A entrada é estupenda. Pura fotografía, pura arte, pura emoción. Grazas.

O Segrel do Penedo dixo...

Encántame este fotógrafo, pola súa obra, impresionante, e polo seu compromiso.

Related Posts with Thumbnails