domingo, 22 de marzo de 2009

Obradoiro de Radio (I)

A pasada fin de semana, catro alumnos e dous profes asistimos, xunto con outros cinco mozos e mozas, a un obradoiro de Radio organizado pola Concellería de Xuventude do Concello de Fene.

A inauguración correu a cargo do Alcalde, Iván Puentes, e da Concelleira de Xuventude, Mª Carmen, que nos falaron da implicación do concello neste tipo de iniciativas así como da importancia dos medios na sociedade.

O obradoiro está dirixido por Tomi e Mariano dous experimentados profesionais do mundo da comunicación que están a facer posible que o verme da radio entre en nós.

O venres foi a nosa primeira toma de contacto coa terminoloxía radiofónica, a produción e o guión, pero como non hai nada mellor que a práctica comezamos facendo unha "Presentación" por parellas para logo entrar xa cun "Magazine". Estabamos todos ben nervosos, algunhas máis que outros, pero cando escoitamos as gravacións seique non o fixéramos moi mal, sobre todo tendo en conta que para a maioría de nós esta era a primeira vez que nos víamos ao outro lado das ondas.

O sábado comezamos cunha actividade moi divertida de lectura de textos, era un xeito de inicicar o que sería un día ben intenso... O primeiro foi elaborar unha "Axenda Cultural", noticias, música e unha entrevista e por último cada un de nós tivo que facer a súa "Cuña Publicitaria". Nesta ocasión fixémonos nós tamén, cargo do control técnico.

Neste segundo día os nervos estaban máis controlados, xa estabamos a coller confianza entre nós e mesmo co medio pero sobre todo, e neso coincidimos todos, é que as prácticas as fixemos en RadioFusión, estabamos na radio de verdade e iso seique imprime carácter... ou alo menos nós estabamos máis cómodos.

Velaí tedes unha mostra do que alí aconteceu.


Vale, xa sei o que estades a pensar... pero non vos preocupedes, o vindeiro fin de semana, cando remate o cursiño, e como non podía ser menos, en Radio Barullo poderedes "escoitar" todo o que aquí vos conto.

A noticia en Fene Cidadán

2 comentarios:

Biblioafonso dixo...

Se esta biblioteca traballa as fins de semana... que van pensar das demais?
Parabéns pola formación.

O Segrel do Penedo dixo...

Esta formación debémoslla ao noso concello. O obradoiro e fantástico, aprendemos tantísimo e pasámolo tan ben que ata nin nos importa dedicarlle "dous fins de semana", é máis, xa pedimos que organizaran a segunda parte...

Related Posts with Thumbnails