domingo, 8 de marzo de 2009

Actividades e Recursos para o Día da Muller

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, nas nosas bibliotecas escolares se estiveron a elaborar uns magníficos materiais para traballar dende as aulas e nós, queremos achegarvos algúns deles como estas dúas Webquest nas que podedes entrar picando en cada unha das imaxes e coas que aprenderedes moitas cousas sobre esta data.

Elaborada pola Biblioteca do CEIP Andrade - Pontedeume

Elaborada pola Biblioteca do CEIP Milladoiro - Malpica

Ademáis, en case todas elas organízanse exposicións como a que podedes visitar no noso instituto.

Nesta ocasión quixemos amosarvos o destacadísimo papel da muller no mundo da literatura, da ciencia... ao longo da historia , pero tamén o horror e as humillacións que as mulleres están a sofrir polo simple feito de ser muller e en nome de certas tradicións, relixións...

Ademáis tamén podedes botarlle unha ollada a unha magnífica exposición de libros e películas que tratan a temática da muller e que as tedes á vosa disposición nos fondos da nosa biblioteca.

Para a montaxe desta exposición contamos con catro alumnas de 1º de ESO; Tamara Miragaya, Yolanda Doce, Alicia Filgueiras e Sheyla Pena. Catro magníficas axudantas da biblioteca a quen agradecemos moitísimo a súa colaboración.

1 comentario:

Montse dijo...

Felicidades por vuestro trabajo. Desde Lleida se notan las emociones con las que lo hicisteis.

Related Posts with Thumbnails