mércores, 25 de marzo de 2009

Imaxes de Vida na Terra

Hoxe presentámosvos ARKive, unha colección única de miles de imaxes, vídeos e arquivos de animais en perigo de extinción. Mamíferos, aves, reptis, anfibios, peixes, plantas... cada especie cunha completísima ficha con información sobre o grupo ao que pertence, o seu hábitat, o seu estado de conservación, as principais ameazas, un glosario e referencias.

Esta web esta dividida en distintas seccións:
MyARKive: Unha utilidade que, unha vez rexistrados, nos permite crear a nosa propia colección de fotos e vídeos.

ARKive Education: Unha sección especialmente deseñada para o profesorado onde se poden atopar distintos tipos de recursos gratuitos (documentos en formato PDF, presentacións en PowerPoint e xogos on-line) todos eles clasificados por idades e materias.

Wild Photos: Un acontecemento organizado en Gran Bretaña e que reune aos mellores fotógrafos naturalistas do mundo.

Google Earth Plugin: Unha ferramente que nos permite explorar as especies marinas.




Vía Post-Tic

2 comentarios:

Encarna dixo...

Uns recursos moi interesantes que eu descoñecía, tomo nota. Grazas.
Bicossss
Encarna.

Tony River dixo...

Este Segrel sempre nos sorprende cos seus achádegos na rede.

Related Posts with Thumbnails