Hoxe queremos presentarvos a Yann Arthus-Bertrand, recoñecido fotógrafo francés membro da Academia de Bellas Artes de Francia onde lle concederon, polos seus extraordinarios méritos, a Lexión de Honra, a máis coñecida e importante das condecoracións francesas. Un dos fotógrafos naturalistas máis recoñecido mundialmente senón o que máis e aínda que probablemente o seu nome non sexa coñecido para moitos de vós, non ocorre o mesmo coa súa obra.
Este fotógrafo, que nun principio se dedicaba a fotografiar animais pasouse logo á fotografía aérea. Ten publicados máis de 60 libros das fotografías sacadas dende helicópteros e globos aerostáticos arredor de todo o mundo.
As súas fotografías “A Terra dende o Ceo” e “O Corazón de Voh” realizadas no manglar de Nova Caledonia francesa -a primeira foto da nosa presentación pertence a esta colección- teñen dado a volta ao mundo
Dedicádelle uns minutos a disfrutar destas marabillosas panorámicas, non vos pesará.

Máis información
Páxina OficialA Terra dende o Ceo (Vídeo)
3 comentarios:
Tiven ocasión de ver unha exposición destas fotos hai uns anos en Londres, a tamaño xigante, e son realmente incribles.
Con esta entrada e a do sábado, aínda me vou quedar coa boca aberta.
Por moito que as mire non deixan de sorprenderme. Beni, estaría ben poder disfrutar desa exposición de Londres, pero con Antonio, para comprobar como se quedaba...
Publicar un comentario