Lémbranos Toño Martínez que hoxe, hai xa 30 anos, a canción "I Will Survive", símbolo xunto con Gloria Gaynor da música disco, conseguiu ser número 1 en ventas en USA. Ao ano seguinte obtivo o Grammy, o único ano no que se otorgou este premio á música disco.
Gloria Gaynor escribiu este tema despois de superar un cancro de mama, quería amosar as súas gañas de loitar contra esta enfermidade á que conseguiu gañar a batalla. Foi traducida a 20 idiomas entre eles o árabe e aínda hoxe en día seguen a facerse adaptacións, das que vos deixamos aquí alguns exemplos que esperamos disfrutedes.

2 comentarios:
Impresionante voz e fantástica canción.
Saúdos.
É unha canción que me encanta, cada vez que a escoito non podo evitar emocionarme, pero ao mesmo tempo é como unha fantástica inxección de enerxía positiva.
Publicar un comentario