venres, 20 de marzo de 2009

Os Nosos Venres Musicais (XL)

Hoxe traemos aos nosos venres musicais a Eagles, unha banda de rock que naceu nos Ánxeles na década dos 70.

O seu álbum "Their Greatest Hists 1971-75" é o terceiro disco máis vendido da historia da música, con 29 millóns de álbumes, despois de "Thriller" de Michael Jackson e de "Back in Black" de AC-DC,

Conseguiron un Grammy co seu disco "Hotel California" (1976), un dos máis vendidos da historia e o que os catapultou á cima da fama. É a súa particular versión da sociedade estadounidense, na que a fiestra do hotel é unha metáfora do mundo das drogas.

Sepáranse en 1980 e non se volven a xuntar ata 14 anos despois. En 1994 aparecen co seu álbum "Hell Freezes Over". O título é unha frase que Don Henley, cantante e batería do grupo, solía dicir cada vez que durante eses catorce anos lle preguntaban cando se volverían a xuntar, e el sempre contestaba o mesmo "When Hell Freezes over" - "Cando o inferno se conxele". Seique non tiña moito en conta iso de "Never say never again"...


Para saber máis:
Letras
Vídeos
Eagles

2 comentarios:

Antonio Martínez dixo...

Outro agasallo, grazas. Para min,fiel seguidor da banda ata Hotel California, mais que de rock era unha banda de country-pop.

O Segrel do Penedo dixo...

Country-pop ou rock clásico, tanto ten, o importante, penso eu, é a súa magnífica traxectoria.

Related Posts with Thumbnails