venres, 26 de xuño de 2009

Dende A Rúa: Un Sacapenas Moi Especial !!


Onte recibimos un "Sacapenas" moi especial agasallo dos nosos AMIGOS do CEIP A Rúa.

Un envío urxente dirixido "Á atención das persoas que colaboraron no envío de Sacapenas a Gaza"

Nada máis abrilo a sorpresa foi enorme. Unha fermosísima moneca Sacapenas, cun meniño precioso da mán, dábanos as Grazas "en Galego e en Árabe" (vaia exemplo máis ben traído de que as linguas "sempre" suman...)



Grazas por compartir unha ilusión
Grazas por facela posible

Grazas polo traballo ben feito

Grazas por sumar afectos

Grazas por construir unha escola aberta ao mundo

G
razas :-)


Que dicir que non sexa darvos as Grazas por ser como sodes?

Grazas por compartir o voso soño
Grazas por permitirnos facer o camiño con vós
Grazas por unir esforzos e afectos
Grazas por levar amor onde hai tanta tristura

Grazas pola vosa infinita xenerosidade

Gr
azas :-)

O voso Sacapenas sempre estará nun lugar moi especial da nosa Biblioteca en compañía de boas amizades e vós, por sempre nos nosos corazóns!!

Máis fotos no noso álbum

2 comentarios:

Ana dixo...

Ola, que gusto me dá poder facer unha nova entrada no blog dos Sacapenas!
Entrei no voso blog e, por casualidade, atopei esta marabillosa entrada!
Desculpade por non estar máis atenta :-( (fin-principio de curso)
Estes días pensaba...que mágoa que o blog dos sacapenas estea tan caladiño!
Tiña tanta vida e foi tan especial!
Estará aí para lembrar, como un bo libro, ó que podemos voltar para relelo cando desexemos!

Unha aperta moi, moi especial dos vosos amig@s de Cangas que teñen un recuncho no seu corazón gardado para vós.

Ana dixo...

Para vós, :-)

http://ceiparua.blogspot.com/2009/10/o-segrel-do-penedo-uns-bos-amigosas.html

Unha aperta

Related Posts with Thumbnails