Onte recibimos un correo de Pilar Sampedro, unha boa amiga, que facía unha reflexión en voz alta sobre o que está a acontecer en Palestina, e non quero deixar de publicala, polo que supón de darlle voz aos nenos, aos máis inocentes, aos que máis están a sufrir este xenocidio.
[…] tal vez se impoña unha reflexión imprescindible acerca dos medos e dos odios, de como hai que lembrar o pasado pero non instalarse nel para facerse dono duns dereitos absolutamente inxustos cos demais pobos. […]
Para cando os nenos palestinos terán unha voz que no seu nome lles fale aos nenos do mundo? Pensade na cantidade de libros protagonizados -con todo o dereito e algún máis- por nenos xudeus. Terán que matar a moitos máis -tantos coma aquela vez- para que alguén se faga eco da súa voz?
P.S.
Nenas e Nenos Palestinos
Created with Admarket's flickrSLiDR. Grazas Pilar por permitirnos que a túa reflexión sexa a que pon voz aos que están a ser calados.
Que nunca aniñe neles o xerme do odio!!!
Nen@s Palestinos "Onte e Hoxe" Non deixedes de entrar en Mesturas!!
2 comentarios:
Non hai nada máis que dicir... o caso é que é complicada a situación e por desgracia non acabará aquí. Nunca aprendemos da historia, coa cantidade de cousas que nos ten que dicir.
Paz e paz.... ¿pero porque esta palabra tampouco significa o mesmo para todos e todas?
É todo tan complicado!!!
Por que seguimos a repetir as mesmas pautas que noutro tempo nos fixeron tanto dano, nos fixeron sufir tanto? Por que infliximos ese mesmo horror noutros seres inocentes como o éramos nós? Por que?
Publicar un comentario