venres, 16 de xaneiro de 2009

Os Nosos Venres Musicais (XXXI) "Paz en Gaza"

Orquesta West-Eastern Divan
Daniel Barenboim
"Preludio" (Wagner)


A orquesta West-Eastern Divan, fundada no ano 1999 por Daniel Barenboim e polo palestino Edward Said (1935-2003) co obxecto de promover a convivencia pacífica e loitar contra a intolerancia a través da música, está formada por máis de 100 músicos de Israel, países árabes e España.

Daniel Barenboim, despois dun concerto en Ramala, o 12 de xaneiro de 2008, aceptou a cidadanía palestina honoraria, converténdose deste xeito, no primeiro cidadano do mundo coa dobre cidadanía israelí e palestina.

"Desexo que a miña nova condición sexa un exemplo de coexistencia palestino-israelí. Creo que os destiños destes dous pobos están inexorablemente unidos"

Daniel Barenboim

Máis opinións
Reporter del Espectáculo
La Opinión

2 comentarios:

Leo dixo...

Precisamos moitos Baremboim. Con urxencia.
Pode que en breve non haxa ninguén a quen salvar.
Grazas pola música.
olga

Loly dixo...

Pode que en breve, o poema de Bertolt Brecht sexa unha realidade...
Esperemos e desexemos que a "cordura" aniñe en quen debe poñer fin a tanto horror!!!

Related Posts with Thumbnails