jueves, 7 de mayo de 2009

Os Sacapenas para Gaza nos Medios

Onte, alumnado e profesorado do noso centro presentamos ante distintos medios de comunicación a iniciativa "Sacapenas para Gaza".

Xan Morales, de RadioFusión, convocounos o martes ás 11.30 na Casa do Concello de Fene pois según el "Unha iniciativa tan fermosa hai que dala a coñecer".

Cando chegamos a nosa sorpresa foi enorme xa que alí estaban a xefa de prensa do alcalde, Pitusa de RadioFusión, as cámaras de Localia TV, fotógrafos... en fin todo un despliegue de medios aos que, temos que confesar, non estamos acostumados, pero o motivo pagaba a pena.

Contamos como unha iniciativa, que xurdira no CEIP A Rúa, se espallara a través das Bibliotecas Escolares por distintos centros de Galicia. Como foi acollida no noso centro e os pasos que seguimos para a elaboración dos bonecos onde non só se implicaron profesorado e alumnado senón tamén as familias.

Para nós foi todo un orgullo e moi emocionante escoitar a Laura e Roberto, alumnos de 2º e 4º de ESO, contar o que supuxo para eles esta experiencia. Laura expresou o seu desexo de que se volvera a repetir "xa que é un bonito xeito de que os nenos e nenas aos que van destinados estes bonecos sintan o noso cariño", mentres que para Roberto foi "Unha iniciativa que permitía ofrecerlle a nenos e nenas que están a vivir nunha época difícil a oportunidade de xogar, algo que para nós forma parte da normalidade, pero que no seu caso é un luxo case inalcanzable"

O noso alcalde Iván Puentes, alabou o traballo que se está a desenvolver dende o noso centro "que está á vangarda na formación non só académica, senón tamén na formación de persoas solidarias e comprometidas" e engadiu "Estas experiencias que valen para formar veciños e veciñas solidarios contarán sempre co apoio do Concello"

Hoxe a noticia aparece recollida en distintos medios.
RadioFusión
Fene Cidadán
Diario de Ferrol
La Voz de Galicia

Esta semana intentaremos achegarvos o documento sonoro dende Radio Barullo.

(Actualizado o venres 8 de maio)
En Radio Barullo xa tedes á vosa dispoción esa gravación prometica.

Dende O Segrel do Penedo queremos agradecer a Xan Morales que fixera posible esta fermosa presentación en "sociedade" dos nosos Sacapenas.

9 comentarios:

Antonio Martínez dijo...

EMOCIONANTE.

O Segrel do Penedo dijo...

Si, emocionante foi a presentación, logo lendo as crónicas dos "supostos" profesionais da información a cousa cambia...

olga dijo...

Que unha comunidade fale de sí mesma en positivo. Eso é o que me emociona a min. Que o concello, os medios de comunicación... busquen a noticia entre o que os seus veciños fan e o poñan en valor.
Parabens por eso.
O dos Sacapenas en sí xa está fóra de toda dúbida.
Bicos.

Montse dijo...

Un proyecto que ha dado mucho de sí.
Felicidades por el esplendido trabajo colectivo.

O Segrel do Penedo dijo...

Olga, canta razón tes!! A importancia de poñer en valor o noso...

Montse, és el meravellós dels treballs collectius que tant ens enriqueixen!!

Bicos e Petons.

Inma dijo...

Hola a min o que mais me gustou fui a disposicion dos nenos a axudar a os demais neste caso a facer as monecas que por certo eran todas moe guapas,bicos Inma

Loly dijo...

Realmente a solidariedade e o compromiso con esta iniciativa tanto por parte dos rapaces como das rapazas foi impresionante dende o primeiro momento.
Benvida Inma e esperamos seguir contando cos teus comentarios.

CEIPARUA dijo...

Sen palabras, emocionante!! A vosa entrada, coma sempre, magnífica!!
Un bico dende Cangas

Loly dijo...

Grazas Ana, este foi un momento ben especial para todos e todas nós que nos gusta compartir. Niso de compartir vós sodes MESTRAS!!
Bicos dende Fene.

Related Posts with Thumbnails