domingo, 18 de enero de 2009

Israelís Comprometidos (II)

Vendo como é presentada a situación en Palestina por algúns medios de comunicación, nós, queremos achegarvos a todos eses israelitas que intentan conseguir levar a Paz a uns territorios onde o que impera é a violencia, a represión, o terror, con todo o que iso conleva para a súa propia seguridade e a das súas familias. (Vía)

Gush Shalom
Unha das organizacións máis fortes en Israel, e que conseguiu reunir a 10.000 persoas en Tel Aviv para manifestarse en contra da ofensiva a Gaza do pasado día 3.
Unha organización cuxo principal obxectivo é a conciliación entre o pobo palestino e o israelita.

Os Shministim
Xoves obxectores que se negan a entrar no exército que ocupa os territorios palestinos.


“[...] Somos obxectores porque rexeitamos servir no exército que está a ocupar Palestina. [...] Negar os Dereitos Humanos máis básicos aos palestinos está a poñernos a todos en perigo. Está mal, é ilegal, é inmoral, vai contra os nosos principios, contra os nosos valores, por iso somos obxectores de conciencia, somos ashministim. […] Palestinos, musulmáns, israelís, cristianos, xudeus... todos necesitamos estar unidos contra a violencia, contra a represión non importa quen a inflixa...”

“O odio dos humillados é a arma de máis longo alcance”

Manuel Vicent

6 comentarios:

Antonio Martínez dijo...

Xa teño escrito nalgún outro sitio, que este á unha situación que me supera. Historicamente podo seguirlle a pista pero persoalmente non chego a comprendela.
Como sempre, magnífica entrada.

olga dijo...

Seguramente, cidadáns coma este sson os que teñen a oprtunidade de que se produza o cambio de mentalidade tan necesario.

O Segrel do Penedo dijo...

Como é posible que o ser humano siga a reporducir pautas de comportamento inhumáns? Nunca o entenderemos...
Pero sempre hai unha luz de esperanza en medio de tanta barbarie, a destas xentes comprometidas e valentes que están dispostas non só a dicir Basta Xa, senón tamén a ACTUAR.

Antonio Martínez dijo...

PENSAR globalmente, ACTUAR localmente.

MESTURAS dijo...

Contaba a activista israelí que escoitei o ano pasado que, cando un rapaz de boa familia decidía non acudir ao servizo militar, as autoridades estaban máis que dispostas a expedir certificados de enfermidade grave coa exención. Todo antes que unha persoa máis figurase nas listas de obxectores, que,de todos os xeitos, medran e medran. Non coñecía ese video. Encantoume

O Segrel do Penedo dijo...

Esperemos que este xerme si aniñe en toda a xente de ben. Eles son os que poden conseguir que remate dunha vez esta barbarie, esta "senrazón".

Related Posts with Thumbnails