domingo, 29 de marzo de 2009

Festival Musical

O pasado venres 13 de marzo celebramos o primeiro festival musical do ano organizado polo noso centro na Sociedade Deportivo Recreativa O Pote.

Foi o bautizo do grupo os Fenéticos composto por Féliz Freire e Juan Ramón Pena (guitarras), Ricardo Varela (batería); todos eles de 3º de ESO, Laura López e Leonardo Sanz (baixo) e Laura Piñeiro cantante; estes últimos de 2º de ESO.

As actuacións foron seguidas por un bo número de espectadores.

Parabéns a todos, especialmente a Bárbara, a profe de música, que está a facer marabillas con estes mozos e mozas.

Ata a próxima!!


Reportaxe Gráfica Laura López

1 comentario:

Loly dixo...

Parabéns pola vosa estupenda actuación, e por suposto o noso "merecidísimo recoñecemento" a Bárbara, a artífice destes fantásticos concertos que esperamos se repitan.

Related Posts with Thumbnails